EACE

EACE

Celebramos a festa dos Maios no cole.

O pasado día 05 de maio celebramos no cole a Festa dos Maios. 

Unha boa parte do noso alumnado ( baixo a dirección do profe Nelson ) interpretou as coplas que se cantaron na Praza de España.

Tivemos ademais público convidado : alumnado e profes do CEE Infanta Elena.

Para ver o vídeo desta actividade, picade na seguinte ligazón : 

                                      https://youtu.be/3Av7cPel-Lg

Actividade para 3º ciclo de E.Primaria : " Os perigos da internet "

O alumnado de 3º ciclo de E.Primaria participou  nunha actividade impartida polo Subinspector da Comisaría de Monforte de Lemos : D.Luis M. Santorun.

A charla foi moi interesante e os temas que se trataron están de completa actualidade e afectan de cheo á xenta nova tales como os perigos da internet e o acoso escolar a través das redes sociais.

Aquí están algunhas fotos desta actividade que se levou a cabo na biblioteca do centro : 

" Do tradi ao trap " en 5º de E.Primaria.

" DO TRADI AO TRAP " é o título desta actividade levada a cabo na aula de 5º de E.Primaria na que Branca Villares , de Tradiescola , nos ofreceu unha interesantísima charla sobre : abuso sexual,  intimidación, reclamo publicitario sexista, cousificación publicitaria da muller, hipersexualización etc. Os datos son escalofriantes !

Dita actividade foi promovida pola ANPA do cole, MOITAS GRAZAS !

Excursión a Samos do 3º Ciclo de E.Primaria

O pasado 25 de abril o alumnado de 3º de E.Primaria saiu de excursión a Samos para realizar un tramo do Camiño de Santiago e varias actividades de Scape Room e Xogos Tradicionais.

Para ver o vídeo resumo picade na seguinte ligazón : 

                              https://youtu.be/i_xwBdNW1yI

Festa dos Maios

Unha vez máis o noso cole participou na Festa dos Maios organizada polo Concello de Monforte.

Este ano o maio foi a representación dun ourizo elaborado con todas as variedades de flores que aportou o alumnado baixo o lema :

                   "A Gándara a súa horta terá e eu serei quen a coidará ".

                             Moitas grazas ás familias pola colaboración.