Curso 2021 - 2022

DE COMPRAS POR MONFORTE

O 15 de marzo celébrase o Día Mundial dos Consumidores e das Consumidoras. E como se aprende a consumir responsablemente? Facéndoo!!! Así que o alumnado de educación infantil botouse á rúa e practicou a mercar levando como presuposto un euro.  Grazas á colaboración do Centro Comercial Urbano e, en especial, dos comercios da Praza de Abastos a experiencia foi máis enriquecedora.

 

ESCAPE ROOM

Co gallo do Día Internacional da Muller o alumnado de 6º de E.Primaria participou nun SCAPE ROOM educativo con temática de igualdade de xénero.

Esta actividade tivo unha duración duns 100 minutos durante os cales os alumnos/as, por grupos, enfrontáronse a unha ronda de preguntas ás que tiñan que dar solución para ir resolvendo as diferentes probas, sempre tendo en conta a información sobre as protagonistas : Mata Hari, Maruja Mallo, Isabel Zendal, Nefertiti...

2 grupos chegaron á proba final : " A Pirámide " na que un deles sería o gañador.

Todos/as desfrutaron un montón e o pasaron xenial !

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DÍA DA MULLER

Hoxe celébrase o dia Internacional da Muller Traballadora, e dende a biblioteca do centro non podemos esquecer esta data para recomendar fermosas lecturas que promovan a igualdade entre todas as persoas. 

Esperamos que vos gusten. 

LERIA NA LEIRA. Desfile 2022

Veñen de todos os lugares do mundo falando ao seu xeito, son as peregrinas e os peregrinos de INFANTIL. Canta LERIA teñen!!!!

Na LEIRA aparecen xa as PRIMEIRAS uvas, os espantallos de SEGUNDO, as cenouras e coellos de TERCEIRO, as flores de CUARTO, a familia pig de QUINTO e os granxeiros e granxeiras de SEXTO.

BATUCADA

O venres de entroido viñeron a visitarnos os rapaces e rapazas do CEE INFANTA ELENA coa súa BATUCADA. Moitas grazas pola vosa actuación , fixéstelo moi ben !