Curso 2022- 2023

Saída a Samos

O pasado 26 de abril os cativos de 1º e 2º de Primaria fixeron unha saída escolar a Samos. Puideron participar en diferentes actividades ao longo do día: escape room, xincana de xogos populares e andaina cun percorrido do Camiño de Santiago.

Día das Familias

O pasado día 15 de maio conmemoramos o Día das Familias. Compartimos unha xornada de carreiras e xogo cos e coas protagonistas do noso cole. Botade unha ollada!

QUE PODEMOS LER?

Que mellor maneira de festexar o DIA DAS LETRAS GALEGAS que lendo un libro!

Aquí van unhas recomendacións para as nenas e nenos de Infantil e Primaria (en orde, de esquerda a dereita, de menor a maior idade).

O coelliño branco

El pollo Pepe

Quen vén esta noite?

¿Qué bigotes me pasa?

Maruxa

La bruja Pampurrias

A que sabe a Lúa?

Ruidosa

A cazadora de estrelas 

El club de los raros

Subnormal

Querido hijo: estamos en huelga

Este mural de LERFLIX podédelo ver (cos resumos no interior de cada libro) na entrada ao colexio.

Actividade para 3º ciclo de E.Primaria : " Os perigos da internet "

O alumnado de 3º ciclo de E.Primaria participou  nunha actividade impartida polo Subinspector da Comisaría de Monforte de Lemos : D.Luis M. Santorun.

A charla foi moi interesante e os temas que se trataron están de completa actualidade e afectan de cheo á xenta nova tales como os perigos da internet e o acoso escolar a través das redes sociais.

Aquí están algunhas fotos desta actividade que se levou a cabo na biblioteca do centro : 

A palabra da semana é...