Biblioteca

Celsa volve ao cole!

O día 5 de novembro o alumando de sexto curso de Educación Primaria recibiu a visita de Celsa, bibliotecaria da Gándara durante moitos anos. 

Este grupo, o que actualmente está en sexto, foi a súa última titoría, no ano 2017, cando se xubiliou.

O alumnado entrevistouna acerca da biblioteca e a súa longa vida profesional como mestra. Recordaron anécdotas, riron coas lembranzas comúns e, en defininita, pasárono moi ben.

Moitas grazas, Celsa, pola túa visita e polos bos recordos que atesoramos de ti, como mestra e como compañeira!