Curso 2021 - 2022

DÍGOCHO EU ESPECIAL ENTROIDO !

Aquí tedes a nosa edición especial entroido do :  DÍGOCHO EU !

COMADRE

     COMADRE

 A nosa comadre deste ano  foi unha "campesiña galega".

Como todos os anos tanto o compadre como a comadre están enmarcados dentro do proxecto interdisciplinar do centro, que este ano leva de título "LERIA NA LEIRA". Así rendímoslle homenaxe a todas as mulleres do campo que, xeración tras xeración, tanto traballaron na nosa Terra.

 

ENTROIDO

     VISITA DO CEE INFANTA ELENA

Hoxe estivo  de visita o alumnado do CEE Infanta Elena para deleitarnos cunha batucada. Encantounos!!!

 

 

DÍA DE ROSALÍA

Onte, día 23 de febreiro de 2022, celebramos o día de Rosalía de Castro conmemorando a data real do seu nacemento, tal e como recolle recente información.

Para este festexo, levamos a cabo numerosas actividades ao longo da semana:

- Plantamos pensamentos no noso horto escolar (as flores favoritas de Rosalía).

-personalizamos marcapáxinas e escoitamos os poemas musicalizados que traian nos códigos QR. 

 

XOVES DE COMPADRES

Un ano máis o noso colexio partipou no concurso do XOVES DE COMPADRES organizado polo Concello de Monforte, acadando dous segundos premios :

2º premio INDIVIDUAL polo compadre : PREGOEIRO REAL


2º premio COLECTIVO polos compadres : PEREGRINOS            medalla-imagen-animada-0017 


Aquí quedan unhas fotos do evento :