blogue desaravarela

Saída á Coruña 3º e 4º de primaria

O pasado 16 de febreiro os nenos e nenas de 2º ciclo de educación primaria fixeron unha saída á Coruña para visitar diferentes lugares na cidade. A saída compúxose dunha visita ao Domus, á Casa das Ciencias e ao Aquarium Finisterrae. Agardamos que disfrutedes o vídeo!

Outonía

Hoxe os nenos e nenas de Educación Primaria gozaron da segunda parte do obradoiro "Outonía". Nel aprenderon a importancia do recoñecemento do patrimonio cultural imaxinando como sería a súa aldea se non existisen elementos característicos dela.

Saída a Samos

O pasado 26 de abril os cativos de 1º e 2º de Primaria fixeron unha saída escolar a Samos. Puideron participar en diferentes actividades ao longo do día: escape room, xincana de xogos populares e andaina cun percorrido do Camiño de Santiago.

Contacontos pola Semana do Libro

Durante a Semana do Libro, as diferentes clases do CEIP Plurilingüe A Gándara organizaron contacontos para lerse uns aos outros. Todos os grupos desfrutaron desta actividade e puideron escoitar aos seus compañeiros contando diferentes historias. A continuación, deixámosvos un pequeno vídeo de mostra das sesións.

Cata de mel

Hoxe na clase de 2ºA tivemos a sorte de desfrutar da visita de Isabel, a nai dunha das nosas alumnas. Isabel ensinounos un montón de cousas sobre as abellas: como producen o mel, por que existen diferentes tipos e a importancia de coidar as abellas, que están desaparecendo cada vez máis ráṕido.

Para rematar, os nenos probaron diferentes tipos de mel natural. Aprenderon moitísimo!