Procedemento de admisión para o curso escolar 2023- 24

As nais, pais e/ ou persoas titoras legais que desexen solicitar praza no noso centro deberán presentar SOLICITUDE DE ADMISIÓN (modelo ED550B- Anexo I e Anexo II) no mesmo entre o día 1 e o día 20 de marzo de 2023.

Só se pode presentar unha única solicitude de admisión. Nela poderanse indicar ata seis centros na orde de prioridade que se desexe. Dita solicitude deberá presentarse no centro no que se solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade en caso de ser necesario aplicalos.

O alumnado que ten garantía de permanencia no noso centro educativo (por estar cursando estudos nel durante o presente ano), no caso de presentar solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, no noso centro.

As solicitude de admisión presentaranse mediante modelo normalizado. Dito modelo estará dispoñible para as familias nos seguintes lugares:

- Recolléndoos no propio centro.

- Descargándoos a solicitude na páxina web da Consellería de Educación ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. 

- Descargándo os arquivos adxuntos desta publicación.

As solicitudes han de presentarse no centro solicitado en primeiro lugar ou a través da aplicación web ADMISIÓNALUMNADO.

Normativa Reguladora

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 11 de febreiro de 2022)

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). (DOG 8 de novembro de 2022)

 

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES

Pódense consultar na secretaría do centro ou no buscador de centros da páxina edu.xunta.es

 

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO

TRANSPORTE ESCOLAR

 

Regulado na seguinte normativa:

Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG 27 de xuño de 1988)

Orde do 15 de decembro de 1989 reguladora do transporte de escolares e obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG 9 de xaneiro de 1990). Corrección de erros (DOG 1 de marzo de 1990)

Instrución anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar.

 

COMEDOR ESCOLAR

Regulado na seguinte normativa:

Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación. (DOG 13 de agosto de 2013)

Orde do 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG 5 de marzo de 2007)

Instrución anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar

Instrución anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar.

 

AdxuntoTamaño
Anexo I.pdf1.23 MB
Anexo II.pdf1.31 MB