Obradoiro de Nadal en familia con 3 e 5 anos

Con motivo da celebración de Nadal, esta semana as clases de cinco e tres anos recibimos a maravillosa visita dunha das súas familias para realizar un taller de manualidades. Neste caso elaboramos unha bonita e decorativa árbore de nadal. 

 

Aproveitamos o encontro festivo en familia para fomentar a convivencia e os vínculos de afecto entre iguais, así como as habilidades artísticas e creativas do alumnado. 

 

Milleiros de grazas á mami participante pola súa colaboración e polo bo que facer, sempre é un pracer recibirvos.