Conmemoración Día da Poesía e Contadas no CEE Infanta Elena

 

Para celebrar o Día da Poesía o alumnado do CEIP A Gándara creou uns creativos dioramas que expoñen as diversas poesías de Eva Teixeira sobre a natureza en caixas de cartón, a sustentabilidade e a reciclaxe, ao mesmo tempo que poñen a relucir as capacidades artísticas e creativas dos máis pequenos. Deixámosvos un vídeo deles para que poidades gozar tanto como nós destas creacións. 

Por outra banda, o alumnado de Educación Infantil continúa coas Contadas en colaboración co CEE Infanta Elena, podendo desenvolver o sentido estético e literario de forma inclusiva.