Actividades Extraescolares

Bos días familias!
 
Pasámosvos as actividades extraescolares para este curso.
 
Tedes que disculparnos pero tivemos que facer algúns cambios, con respecto á primeira proposta de horario que enviamos, para adaptarnos á dispoñibilidade dos/as profes e evitar que se solapasen actividades. Sentimos as molestias!
 
Este ano, coa fin de ofrecervos un mellor servizo e facilitar o traballo das/os nais/pais que traballamos como voluntarias/os na asociación, teremos unha web/app na que poderedes facer todas as xestións desde o ordenador ou o teléfono móbil: alta familias socias, altas/baixas e pagos das extraescolares, enviar e recibir mensaxes á ANPA e aos/ás monitores, inscricións a festas e excursións... e moitas cousas máis!
 
A próxima semana enviaremos a información detallada sobre a nova app/web, como asociarse e inscribirse nas actividades.
 
Calquera dúbida podedes escribirnos por Whatsapp: 685764599
 
Un saúdo!