Expo- Mapeo Atallar as Desigualdades

INVITACIÓN Ó ENCONTRO EXPO-MAPEO

"Atallar as desigualdades"

 

Como xa saberedes, a ANPA en colaboración con Outonía S.Coop., está desenvolvendo o programa ``Atallar as desigualdades´´. Unha proposta de formación en igualdade e coeducación baseada na práctica e na participación de toda a comunidade educativa.

 

O programa contou con varias liñas de actuación (como os obradoiros para o alumnado e as familias) e unha delas consiste nunha intervención sociocomunitaria, onde se propón un ENCONTRO, aberto a todo o público, para dar visibilidade ás accións levadas a cabo no centro e realizar un MAPEO COLABORATIVO de Monforte.

 

A través do mapeo abordaremos o espazo que habitamos dende un punto de vista crítico e con perspectiva de xénero. Atenderemos á cuestión da invisibilización das mulleres e as disidencias de xénero como un dos puntos do iceberg das violencias, como unha forma sutil de violencia invisible.  

 

Cantas rúas da cidade se nomean con personaxes femeninas e masculinas?

Que sucesos aconteceron nos lugares que habitamos?

Como ven os nenos e nenas os espazos que habitan?

 

Gustaríanos convidarvos ao encontro deste venres 24 de novembro, ás 17h no Centro do Viño da Ribeira Sacra, aproveitando o marco do día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

 

Haberá chocolatada e merenda para grandes e pequenos!Expo- Mapeo