A comunidade educativa do CEIP A GÁNDARA, con moito agarimo, quere transmitir os seus mellores desexos para estas festasl dun xeito especial. Ollade a postal a través da imaxe e premede nas bólas da árbore para gozar das orixinais felicitacións.
Agardamos que vos gusten. BO NADAL E FELIZ ANINOVO!
O TEU CORPO É TEU e ninguén debe tocalo se ti non queres.
O pasado luns, 9 de outubro, Blanca, representante de OUTONÍA, cooperativa que traballa en prol da educación social e da sustentibilidade rural, fixo un obradoiro co alumnado de 4º e 5º de infantil (3 e 4 anos) no que falar do noso corpo, da nosa identidade e do bo trato persoal, colectivo e social. Para iso serviuse do libro: O TEU CORPO É TEU de Lucía Serrano.
Grazas á Asociación de Nais e Pais do CEIP Plurilingüe A GÁNDARA por facer chegar este obradoiro ao noso alumnado de infantil.
Co motivo do Día Europeo da Agricultura Ecololóxica o alumnado de Infantil e 1º de Primaria acudimos o pasado venres, 22 de setembro, ao salón do Multiusos á presentación do novo libro dos Bolechas titulado OS ALIMENTOS ECOLÓXICOS.
Ao acto acudiron, ademais de moito alumnado dos centros escolares de Monforte, autoridades locais e autonómicas, Pepe Carreiro o creador dos Bolechas, Pakolas que nos fixo bailar e os propios Bolechas!!!! Como gozamos da súa presenza!!!! MIrade, mirade... non ten desperdizo.
NON ESQUEZADES LER NAS VACACIÓNS, E DISFRUTADE MOITO!!
E para rematar o curso, queremos compartir a edición anual da revista GANDARIÑA, que os nosos nenos e nenas fixeron con ilusión para contarnos como foi o ano escolar que remata. Agardamos que vos guste!!