Curso 2023- 2024

DÍA DE ROSALIA E CANTARES GALEGOS

No centro celebrouse o día de Rosalía e o 150 aniversario de Cantares Galegos.

RECITANDO CANTARES

Mestres, mestras, cociñeiras, coidadoras, conductores, limpiadores, pais, nais, xubiladas, ...

 

 

 

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO  NO  DÍA DO 176 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO. ESTE ANO CELEBRAMOS TAMÉN  OS 150 ANOS DUNHA DAS SÚAS TRES GRANDES OBRAS POÉTICAS:
CANTARES GALLEGOS.  

Para ver máis clicade no enlace á biblioteca do centro:  http://gandaralemos.blogspot.com.es/

 

DÍA DE CONVIVENCIA ENTRE OS CENTROS PÚBLICOS DE MONFORTE

                           3 DE FEBREIRO- DÍA DE SAN BRAIS

O pasado día 3 de Febreiro, día de San Brais, os centros públicos de Monforte, na materia de relixión católica, tiveron un día de convivencia.

As 11 h. da mañá tivose a xuntanza na  Compañía, onde os nenos de 6º de Primaria e de 1º da ESO se coñeceron, para logo facer unha competición entre equipos formados polos 4 centros participantes( en cada equipo  ían nenos de cada centro)

   

XUNTANZA DIANTE DOS ESCOLAPIOS                DESENROLO DO XOGO

                     

                                                EQUIPO GAÑADOR

Ao rematar o xogo todos xuntos subimos ata a igrexa de San Vicente do Pino, onde nos esperaban os cregos para explicar aos nenos a tradición que hai en Monforte da bedición das cintas e das roscas o día de San Brais. Bendecíronse as roscas e os lazos e fixemos unha oración, para despois sair e todos xuntos degustar as roscas. 

                   

ETAPA DO CAMIÑO DE SANTIAGO

 

FONFRÍA-TRIACASTELA

O pasado día 20 de outubro os nenos e nenas de 6º curso de primaria realizaron unha etapa do Camiño Francés a Santiago, de Fonfría a Triacastela.

Antes de poñerse a camiñar achegámonos ao poboado do Cebreiro, onde os nenos e nenas fixeron unha visita ao santuario de Sta. María da Real e tamén ao museo situado nunha palloza( vivendas típicas da zona).

VISITA MISIONERA

O VINDEIRO DÍA 20 DE OUTUBRE VISITARÁ O  NOSO  CENTRO UNHA MISIONERA DE HAITI. OS NENOS DE 5º E 6º CURSO  DE PRIMARIA TERÁN A OPORTUNIDADE DE COÑECER DE PRIMEIRA MAN A SITUACIÓN QUE ATRAVESA ESTE PAÍS, DESPOIS DE SUFRIR EN XANEIRO  UN TERRIBLE TERREMOTO.