Curso 2023- 2024

Abril

De compras por Monforte!

O alumnado da etapa de infantil visitou o mercado e algunhas tendas da cidade para coñecer a súa contorna e experimentar. Fixérono xenial e non podemos estar máis orgullosas.

 

Madalenas de arandos.

Os rapaces e rapazas de 5ºB son uns grandes reposteiros. Poderedes ver o ben que traballaron coa axuda de Berta, a nosa cociñeira,  no obradoiro de MADALENAS DE ARANDOS  picando na seguinte ligazón  : 

                               https://youtu.be/OPpIIsQ3ols

Probando as pavías co alumnado de 5º de E.Primaria.

Chegou o momento de probar as pavías en xarope que preparou o alumnado de 5º de E.Primaria hai uns meses, actividade incluída dentro do proxecto Voz Natura.

Preparamos no seu momento 2 tarros coas pavías, auga fervida fría, 2 culleradas de azucre por tarro e un par de ramiñas de canela.

                                          QUE SABOROSAS !

Vacantes 2024- 2025