Skip to Content

INFORMACIÓN ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID19

03/09/2020 22:02
Europe/Madrid

Mentres rematamos de ultimar o documento que colgaremos nesta Web, vos deixamos a información máis importante para que a vaiades coñecendo de cara ao comezo de curso.

- O día 10 comezará o alumnado de 4º e 5º de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria.

- O día 11 incorporarase o alumnado de 6º de Infantil e 4º, 5º e 6º de Primaria.

- O alumnado irá entrando na escola a medida que vaia chegando no transporte ou a pé. O profesorado estará na aula para recibilo e nas portas e corredores para distribuílo e axudalos.

+ ALUMNADO TRANSPORTADO: pola porta do patio superior.

+ ALUMNADO NON TRANSPORTADO de Ed. Infantil pola porta de Ed. Infantil acompañados dun so responsable con mascarilla.

+ ALUMNADO NON TRANSPORTADO de PRIMARIA pola porta de dirección e sen acompañante.

+ O portal que se abrirá para o alumnado NON TRANSPORTADO será o do patio inferior (Ed. Infantil).

- A relación co centro será a partir do día 10 telefónica ou a través de plataformas dixitais, agás cando sexa indispensable a presenza na escola.

- Para poder acceder ao centro en caso de necesidade, farase polo portal de entrada que dá acceso ao patio de infantil, que ten porteiro automático, e nunca nas horas de entrada e saída de alumnado. O Equipo Directivo ou o profesorado de garda será quen autorice o acceso só se é preciso.

- O material escolar quedará sempre na escola e será de uso individual.

- As familias deberán realizar a diario na casa a autoenquisa COVID19 para detectar sintomatoloxía compatible. De ser o caso non acudirán ao centro escolar e deberán comunicarse co centro de Saúde de Referencia (A Lama) ademais de comunicalo ao centro. Ademais será preciso ter entregada a Declaración Responsable.

- Para o alumnado de Primaria a mascarilla é obrigatoria, e outra de reposto. Igualmente para o persoal que traballe no centro.

- Para o alumnado de Infantil a mascarilla é altamente recomendable.

Nos seguintes enlaces podedes descargar o Modelo de Declaración Responsable e a Enquisa de Autoevaluación Clínica en formato PDF. 

AdxuntoTamaño
modelo_declaracion_responsable_familias.pdf460.87 KB
ENQUISA AUTOEVALUACION CLINICA.pdf361.99 KB


event | by Dr. Radut