Skip to Content

Localización

LOCALIZACIÓN DO CENTRO

Lama é un concello mediano (112 km2) e montañoso (Serras do Cando, O Seixo e O Suído), formando cos concellos de Ponte Caldelas e Fornelos de Montes a subcomarca denominada "A montaña" da comarca do Val do Verdugo.

As súas dez parroquias: Antas, Covelo, Escuadra, Gaxate, A Lama, Seixido, Verducido, Xende, A Barcia do Seixo e Xesta, teñen un clima moi chuvioso o que favorece un entorno natural único, con recantos de grande riqueza en fauna e flora, e unhas paisaxes espectaculares e únicas. Gran parte do concello está no catálogo de Rede Natura.

Lonxe das vías de comunicación máis importantes, o Concello está a perder poboación, do que resulta unha das densidades de poboación máis baixas de Galicia (27 hab/km2). 

A emigración constitúe unha sangría constante, e a gandería e a agricultura son escasas (de autoconsumo e minifundistas).

Mapa satélite de A Lama

Distribuir contido


by Dr. Radut