Skip to Content

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/2021

19/06/2020 17:04
Europe/Madrid

O arquivo adxunto contén as listaxes de libros de texto para o vindeiro curso 2020/2021.

Antes de facer algunha adquisición deberiades agardar á resolución da convocatoria de axudas para libros de texto e material.

Este curso toca cambio dos libros de 3º e 5º, por levar xa 6 anos de uso.

En 1º e 2º, ao ser funxibles, pódense revisar anualmente e tamén haberá cambios de cara ao próximo curso.

De 4º a 6º non aparece libro de texto de Relixión Católica porque van seguir empregando os libros do fondo e temos existencias.

Non están nas listaxes os cadernos de Lengua Castellana (1º e 2º) e Inglés (1º a 6º), por non estar considerados libros de texto. Aparecerán nas listaxes de material que publicaremos en setembro cando se incorpore o profesorado novo e definamos as titorías.

As persoas beneficiarias de libros de texto de 3º a 6º os recibirán en setembro por parte da escola. Os beneficiarios de 1º e 2º os mercarán con cargo ás axudas que reciban.

 

RECOLLIDA DE MATERIAIS E ENTREGA DE LIBROS DO FONDO

13/06/2020 20:05
Europe/Madrid

A organización para estes últimos días será do seguinte xeito:

 

- Cada curso terá un día concreto para vir recoller o material de uso individual que quedou aquí.

- Ese mesmo día vos recolleremos os libros do fondo que teñades na casa, así como as mochilas viaxeiras e outros empréstitos da biblioteca.

- As familias con varios fillos escolarizados poderán decantarse por un día. Nese caso deberán concretar cos distintos titores a través da aplicación (Edmodo en Primaria e Classdojo en Infantil) que día van escoller, para que os titores que non estean ese día lles deixen preparado o material aos outros. Se queredes vir os distintos días podedes.

- A entrada farase polo patio onde se entra polas mañás normalmente.

- O horario será de 10 a 13, tentando ser rápidos e garantindo as distancias de seguridade e usando mascarilla.

- Agardaredes fóra mantendo a distancia, e iredes pasando individualmente. Un proxenitor por alumno (e o alumno se queredes e con mascarilla a partir dos 6 anos).

 

As datas establecidas son:

 

18 de xuño - 5º de primaria

19 de xuño - 6º de primaria

22 de xuño - 1º e 2º de primaria

23 de xuño - 4º de primaria

25 de xuño - 4º de infantil

26 de xuño - 3º de primaria

29 de xuño - 5º e 6º de infantil

 

- Os inconvintes particulares os resolvedes coa dirección do centro, pero concretade cos titores no caso de que teñades varios fillos e só queirades vir un día.

- Non se trata de ter titoría ese día. Podedes vir con liberdade entre as 10 e as 13 e ao chegar agardar a quenda. Non hai que pedir cita previa, pois xa vos estamos repartindo en moitos días distintos para evitar aglomeracións.

- Lembrade que o prazo para fondo libros e axudas de material para o vindeiro curso en Primaria remata o día 19 de xuño.

- As notas publicaranse en Abalar Móbil, pero como non aporta toda a información tamén volas entregaremos en papel ese día.

FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL

Xa está publicada no taboleiro da escola a listaxe provisional de alumnado beneficiado do Fondo Solidario de Libros de Texto.

Mentres a listaxe sexa provisional non aparece indicado que libros se lle empresatarán, senón cantos serán.

Esta listaxe será definitiva a partir do día 11 de xullo. Dende hoxe ate o día 10 (inclusive) se antenderán posibles reclamacións.

Os Vales para Axuda de Adquisición de Material (1º a 6º) e Adquisición de Libros de Texto (1º e 2º de primaria) poderán ser recollidos de 11:00 a 13:00 os días 11 e 12 de xullo. (Quen non o recolla neste mes poderá facelo en setembro)

A listaxe de material de cada aula non se publicará ate setembro, cando tome posesión o novo profesorado.

Nos seguintes enlaces poderás consultar as listaxes de Vales e Libros concedidos.

 

LIBROS 2019_2020

Podes descargar a listaxe de libros para o curso 2019_2020 no ficheiro adxunto.

Antes de mercar ou encargar, se eres beneficiario do Fondo Solidario de Libros de Texto, debes agardar a que estea publicada a listaxe definitiva, na que se indicará que libros se lle emprestará ao alumnado.

O RECANTO DE LEO... O BLOG DA BIBLIOTECA!

E por fin... xa temos o blog da biblioteca.

Costoume un pouco chegar a conquista destas novas tecnoloxías (son un ratiño moi ocupado) pero... xa estou aquí!

Coñecede o meu recanto e asomádevos a: www.orecantodeleo.org

E non esquezades deixar por alí a vosa pegada!

Un saudiño. Lémonos...

LEO

CALENDARIO ESCOLAR 2009-2010

27/08/2009 00:00
Etc/GMT+1

Xa a poucos dias de comeza o curso escolar queremos facervos chegar as datas e prazos para o próximo curso seguindo a Orde do 15 de xuño de 2009:

 -Duración do curso académico: abranguerá desde o día 1 de setembro ata o 31 de agosto.

 -Actividades lectivas: desde o día 10 de setembro ata o 22 de xuño.

 -Comedores escolares: funcionarán desde o 10 de setembro ata o 22 de xuño.

 -Periodos de vacacións

                    ·Nadal: do día 23 de decembro ata o 7 de xaneiro do 2010.

                    ·Semana Santa: do día 29 de marzo ata o 5 de abril do 2010.

                    ·Entroido: días 15, 16 e 17 de febreiro de 2010.

 -Días non lectivos: celebrarase o día do ensino o 8 de xaneiro do 2010. Ademais o centro elixirá dous días máis fundamentándose en razóns tradicionais, costume ou convivencia pedagóxica, e serán notificados a comunidade escolar en canto dita petición sexa confirmada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

 -Conmemoracións:

                    · Constitución e do Estatuto de Galicia: do 1 ao 11 de decembro.

                    · Día da Declaración dos Dereitos Humanos: 10 de decembro.

                    · Día da Paz: 30 de xaneiro.

                    · Día Internacional da Meller Traballadora: 8 de marzo.

                    · Día Mundial dos Dereitos do Consumidor: 15 de marzo.

                    · Semana da prensa: do 8 ao 12 de marzo.

                    · Día do libro: 30 de abril.

                    · Día Mundial da Saúde: 7 de abril.

                    · Día de Europa: 9 de maio.

                    · Semana das Letras Galegas: do 18 ao 21 de maio.

                    · Día Mundial do Ambiente: 5 de xuño.

 -Período de adaptación do alumnado de 3 anos: dende o día 10 ata o 25 de setembro.

 

Este é un resumo das datas máis significativas, así mesmo calqueira dúbida ou variación nas mesmas serán notificadas a través do centro.

VOLVEMOS A COMEZAR!!!

08/01/2009 10:00
08/01/2009 16:30
Etc/GMT+1

Nenos, nenas, profes, pais... xa todos disfrutamos dun merecido descanso!!! Agora chegou o momento dun novo ano e volver comezar o cole!!!

DIVERCIENCIA: LOURIZÁN

21/11/2008 10:00
21/11/2008 13:30
Etc/GMT+1

Os rapaces de 3º e 2º ciclo van facer unha xornada de diverciencia en Lourizán, e disfrutarán cos seus propios sentidos de tódalas diversións que nos achega a ciencia.

DO CAMPO A ESCOLA

07/11/2008 15:00
07/11/2008 16:30
Etc/GMT+1

Viñeron o cole uns invitados moi especiales: os seres vivos do noso entorno galego. Tódolos nenos/as e moitos mestres disfrutamos coñecendo as curiosidades e vendo de preto a estos animais e prantas.

IMOS A TELE!

19/11/2008 16:30
19/11/2008 20:30
Etc/GMT+1

Os alumnos/as do CEIP A Lama acudimos como público invitado ó programa da TVG "o pais dos ananos"

Distribuir contido


by Dr. Radut