Outro ano máis sae á luz un novo número da revista “ A Voz d@s nen@s”, grazas á cooperación de toda a comunidade educativa. Por iso, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, damos as grazas a todos e todas polo traballo desenvolvido.
Arquivo para descarga (formato pdf): "A Voz d@s Nen@s 2011-2012"
O vindeiro mércores 16 de maio, a Asociación Cultural Xacarandaina realizará un obradoiro de baile tradicional galego no CEIP Alborada. Dentro do programa "circuitos culturais" en centros escolares para o curso 2011-2012.
Participará o alumnado de 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria.

Unha vez rematado o prazo legal e non habendo ningún tipo de reclamación, elévase a definitiva a lista provisional de alumnado admitido publicada con anterioridade.
Adxúntase o listado provisional de admitidos para o vindeiro curso escolar 2012/213.
O prazo de posibles reclamacións ante o Consello Escolar do centro é de CINCO días hábiles a contar dende hoxe, 27 de Abril.
Listado Provisional de Admitidos 2012/2013
O pasado luns día 23 de abril publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña as Bases Reguladoras para a concesión de becas de comedor escolar por parte do Concello de A Coruña de cara ao vindeiro curso 2012-2013. No arquivo pdf adxunto tedes o texto íntegro desas bases.
Arquivo: B.O.P. 23/04/2012 Bases concesión becas comedor curso 2012-2013
Engadíronse 34 novas fotos á Galería de imaxes das instalacións do centro. Entre elas: fotos da nova biblioteca, de varias aulas de ed. infantil, da aula de ed. musical... ademáis de actualizarse varias do exterior do edificio principal.
O pasado mércores, día 14, fixemos no colexio o Simulacro de Incendio. Este ano contamos coa participación dos Bombeiros que encheron de luz e cor, cos seus camións, a evacuación do cole.
Fixémolo todo moi ben e houbo fortes aplausos para os "valentes" que tiveron que ser evacuados dunha aula do piso superior pola fiestra.
Grazas a todos os participantes.
Facede clic na imaxe para ir á Galería de fotos do Simulacro.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 2.495 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2012.
No caso concreto deste centro o alumnado que podería solicita-las sería o que está matriculado en 6º de Ed. Primaria.
Circular informativa de todo o proceso de matrícula, así como dos postos escolares que se ofertan.
O CEIP Alborada fará unha xornada de portas abertas o luns, día 05 de marzo, ás 16:00h., para os pais/nais de alumnado de 3 anos de nova matrícula (curso 2012/2013).