Noticias 23-24

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN

Rematado o período ordinario para a presentación de solicitudes de admisión de cara ó vindeiro curso escolar 2023 - 2024, informamos que NON FOI NECESARIO BAREMAR en ningún nivel, polo que non é preciso aportar información complementaria. 

Nas datas e lugares establecidos publicaranse as listas provisionais de admitidos. 

Un saúdo. 

ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA CON RESERVA DE PRAZA NO IES ADSCRITO

Informamos ás familias do alumnado de 6º curso de Primaria que solicitou reserva de praza no noso centro adscrito (IES de Valadares) que todas as solicitudes foron admitidas

Poden consultar o documento aquí.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

  

Estimadas familias: 

Comunicámosvos as datas das Xornadas de Portas Abertas deste curso: 

            • 24 de febreiro
            • 3 de marzo

  ás 17:00 horas

Para podervos atender con tranquilidade, creando un clima ordenado que facilite a comunicación, pregamos a vosa colaboración tendo en conta as seguintes observacións: 

  • En cada sesión o aforo estará reservado a 25 familias
  • Por tal motivo, farase unha inscrición previa mediante formulario
  • Poderedes acceder dúas persoas por familia.
  • Serán reunións para adultos. Por favor, acudide sen cativos
  • A información que se proporcionará estará enfocada, principalmente, ás familias do alumnado que solicita praza para Educación Infantil.
  • Confirmaremos a vosa asistencia a través do medio que nos proporcionedes (teléfono - email).

Segundo a vosa conveniencia, podedes inscribirvos nos seguintes formularios (non é preciso iniciar sesión para cubrilos)

Moitas grazas pola vosa colaboración
 

 

Distribuir contido