Infantil

os alumnos de 6º de infantil representan o día da Paz

O día da Paz os alumnos de 6º A de infantil do Ceip A Maía recitaron o poema de Lao Tsé "Paz en los corazones"

  Os de 6º B de Infantil  recitaron unha versión feita por eles do poema de Gloria Fuertes "Si a la paz, no a la guerra"

E os de 6ºC infantil  representaron o conto " negros e brancos" de David Mackee

 

Proxecto ELISA: Estudo Lonxitudinal para unha Infancia Saudable

 

ELISA É UN ESTUDO LONXITUDINAL, PERO…QUÉ É ISO DUN ESTUDO LONXITUDINAL?

Un estudo lonxitudinal é un estudo que investiga a un mesmo grupo de xente de forma repetida ao longo do tempo (é dicir, hai varios momentos de avaliación ou recollida de datos). Polo tanto, ELISA vai estudar aos mesmos nenos/as durante varios anos.

Así, este ano ELISA vai empezar estudando ao grupo de nenos/as de entre 3 e 5 anos. O vindeiro curso, farase unha nova recollida de datos (seguimento 1) cando estes rapaces teñan de 4 a 6 anos. E por último, no seguinte curso, cando eses nenos/as teñan de 5 a 7 anos, farase outra avaliación (seguimento 2). Se esta primeira fase sae ben, o esperable é que o estudo teña maior continuidade ao longo dos anos.

 

 

POR QUE É IMPORTANTE UN ESTUDO LONXITUDINAL?

Cubrir varios cuestionarios e recoller información ao longo do tempo permítenos ver a evolución e o crecemento dos nenos/as e, polo tanto, axúdanos a ver o que inflúe de forma positiva ou de forma negativa na súa adaptación psicolóxica e social.

Podedes saber máis do proxecto no propio centro e nos seguintes enderezos:

http://www.usc.es/gl/investigacion/grupos/udipre/ELISA.html

 

https://www.facebook.com/proxectoELISA

 

Esperamos que esta información vos axude a acercarvos máis ao ELISA. Necesitamos da vosa participación, as melloras na calidade da educación fanse entre todos!

 

Hospital de osiños en infantil

  O Hospital de osiños ou Teddy Bear Hospital (TBH) é un proxecto a nivel mundial orientado a nenos/as de infantil con alumnos/as de medicina da Universidade de Santiago no que os pequenos se convirten en doutores do seu osiño (ou peluche). Con esta visita, xestionada coa colaboración da Anpa, os nenos familiarízanse cos aparellos de radioloxía, a sala de curas e o quirófano, todo adaptado para curar os seus peluches. Ademais, foméntanse coñecementos médicos básicos, alimentación equilibrada, hixiene dental, inculcando o concepto de vida saudable....

LER MÁIS  + sobre esta visita  no blog de 6ºC  Infantil

LER MÁIS  + sobre esta visita  no blog de 6ºA Infantil

 

 

 

 

 

Unha presada de ollomaos

   "Aló no norte, na Mariña Lucense, os ollomaos (ou bíteres) traen sorte; navegando, navegando... baixamos ao sur, ao mar de Arousa. Despois dun tempo por alí....remontamos ao interior, polos ríos, e agora chegamos ao Val da Maía!".

   Así comeza a súa andaina un novo blog no colexio, na aula 2 de infantil, co seu profe Ramón e os nenos e nenas de 5 anos.

AVISO REUNIÓN DE 3 ANOS

   Mañá martes 6 de setembro ás 5 da tarde terá lugar a  reunión cos pais e nais de 3 anos nas respectivas aulas de infantil.

     4º A - aula 5 - Titora: Sara Delgado

     4º B - aula 1 - Titor: Jose Carlos Domínguez

     4º C - Aula 7 -Titora : María SanMartín

a qué sabe a lúa en infantil?: unha obra de teatro de 5ºC e unha película Stop motion de 4ºA

   Os alumnos de 5ºC de Infantil coa profe Rosana e o apoio da profe Andrea fixeron no escenario da Biblioteca unha representación do conto: a qué sabe a lúa?. Subidos no escenario deron vida aos animais  que queren trepar ata ela para comprobar o seu sabor...

   Por fin e despois de varios erros técnicos conseguimos gravar a obra. Podedes ver como foi, na web da biblioteca, premendo AQUÍ.

   E ademáis os pequenos de alternativas de 4ºA fixeron coa profe Loli un corto de animación en Stop Motion. LER MÁIS + 

"a voz do son": canta 5ºC de infantil

   Os nenos e nenas de 5ºC de Infantil, coordinados pola profe Rosana e axudados pola profe Andrea cantaron "A VOZ DO SON" para os seus compañeiros de 3 anos no escenario da Biblioteca. Unha versión con instrumentos e outra sin eles. Fixérono xenial e gañaron uns merecidos aplausos!. Parabens rapaces!

 

Migallas e pan de millo na Maía!

       Os alumnos e alumnas de infantil do Ceip a Maía asistiron na Biblioteca do Centro ao espectáculo musical da Compañia Migallas, con Carlos Yus e María Campos. Escoitaron entre outras cancións a de  pan de millo e contáronlles como se cultivaba o millo e se facía o pan. Faláronlles de como se divertían os rapaces de antes e que non tiñan tempo para "aburrirse", xa que sempre se lles ocurrían cousas que facer....

   Escoitaron "miña abuela Manuela", unha avoa moi especial que lle dou un repaso ao seu neto polas merendas de chuches, polos tipos de xogos, por andar coa play en vez  de xogar cos amigos no parque, por escoitar música cos cascos en vez de facela el mesmo.... Tamén oiron a historia de  Pinocho, do maleducado homiño de pan que rematou papado pola raposa, a voda da pulga e o piollo... e pasárono xenial!

   Premendo nestes enlaces tedes acceso a fragmentos de algunhas das cancións do libro-CD Pan de millo de Migallas editado por Kalandraka, coas ilustracións de Dani Padrón e arranxos musicais, producción e prólogo de Magoia Bodega e Paulo Nogueira.

 

Libro PAN DE MILLO

Videoclip  da canción  pan de millo

 

Story time. Under the sea. Inglés para 6º de infantil

  O alumnado de 6º de infantil vai a asistir o mércores 27 de abril ás 11 a unha sesión de conto en inglés no escenario da Biblioteca do centro. O espectáculo chámase STORY TIME. UNDER THE SEA. Trata dun rapaz que atopa unha moeda antiga procedente dun barco pirata afundido e decide ir á procura do resto do tesouro.

   A actividade foi xestionada pola ANPA e van a representala membros da School of English   Kids&Us   de Santiago

Video homenaxe a Rosalía . Alumnos de infantil recitan: "Vente rapasa"

   Alumnos de 5 e 4 anos do Ceip A Maía, interviñeron na homenaxe a Rosalía de Castro recitando a poesía "Vente rapasa" de Cantares galegos. O video participou na lembranza que se celebrou o mércores no Milladoiro. Ler + na páxina do Concello.

 

Distribuir contido