Infantil

Vídeos de Nadal de Educación Infantil

 

Bo nadal!

Nos arquivos adxuntos a este artigo tedes os vídeos do grupo de 4º de Educación Infantil. 

Da súa parte: 

Con todos os nosos mellores desexos, os nenos e nenas de 4º de Infantil queremos desexarvos FELICES FESTAS!!!

ATENCIÓN: NON son para visualizar directamente; debedes descargalos para poder velos. NON recomendamos descargalos en dispositivos móbiles, só en ordenadores sobremesa e portátiles.

 Vídeo 4ºA Infantil

 Vídeo 4ºB Infantil

 Vídeo 4ºC Infantil

O xardín dos 5 sentidos

Os pequenos de tres anos, ao longo dos últimos trimestres do curso 2018-19, crearon e coidaron un xardín vertical en botellas que se colgaron nas columnas do peche do patio. Os cordeis que as ataban facilitaban o reparto da auga das botellas superiores ás inferiores. Os nenos encheron as botellas de terra e plantaron especies diferentes coas que disfrutaron cos cinco sentidos: comestibles, aromáticas, crasas, con follas interesantes ou con fermosas flores... Ademáis unha clase plantou bulbos de narcisos, fresias, amapolas e iris en botes reciclados e tamén fixeron comedeiros para paxaros empregando cáscaras de laranxas... Ao remate do curso levaron as botellas coas plantas para seguir coidando nelas en casa!

Saída de 5 anos ao Pazo do Faramello

  Os alumnos e alumnas de 5 anos que rematan agora a Educación Infantil fixeron nos derradeiros días do curso unha excursión ao Pazo do Faramello, onde Gonzalo, o seu dono, lles fixo de guía polos xardíns e lles contou parte da historia do Pazo. Remataron cunha xuntanza e merenda cos pais no Xardín do Recordo, onde plantaron unha árbore (cercis silicuastrum ou árbore do amor) en memoria das víctimas do accidente do tren  en Santiago.

(nesta montaxe vense mellor as fotos e ademáis incorpora varias vistas do pazo e o seu entorno, do xardín do recordo e fotos da clase de árbol que plantaron, un cercis)

 

Happy holidays!

  Os vosos "friends" tamén marchan de "Holidays"!. Esta derradeira semana en infantil, as "puppets" estiveron despedíndose polas aulas. Cookie agasallou aos máis peques cun "stamp" da súa "happy face" na  "hand".

      

   Lulu reparteu o  "book" cos traballos que fixéchedes os maiores. Denzel repasou con vos as cancións e as "stories" do curso. Monkey, Patch e Spot aproveitaron para decirvos: "See you later alligator!", and "Bye, bye birdie!". Que ben o pasamos!.

          

  Foi un verdadeiro pracer ser a vosa "teacher". Deséxovos un "Happy summer" e todo o mellor para o curso que ven!. A pasalo moi ben rapazada!.

      Happy hollidays and a goodbye!.

                 TEACHER PATRI

Saida de 4 anos ao Aquarium da Coruña

 O luns 10  os pequenos de 4 anos fixeron unha saída ó Aquarium da Coruña para ver os animais acuáticos que coñeceron durante o proxecto no que traballaron durante semanas. Realizaron unha vista guiada polo Aquarium. Viron medusas, tiburóns pequenos, morenas, estrelas de mar, doradas, peixes paiaso, cabaliños de mar, focas e moitos animáis mariños mais. Despois disfrutaron coa merenda no Parque de San Pedro.

 Para ver como foi a visita e o ben que o pasaron con este fantástico remate de proxecto premede AQUI no blog de 4 anos da profe Rosana.

 

O maio

Os pequenos de 3 anos achegáronse á tradición dos maios e fixeron este de papel. Ver todo o artigo no blog de 4º A de infantil.

Día do libro: unha porta, unha lectura!

   O Equipo de Dinamización da Biblioteca propuxo para conmemorar o  Día do libro que se celebra hoxe 23 de abril, que cada clase decorase a súa porta como se fose a portada dun libro. Pequenos e maiores traballaron para transformar as súas portas.

  En esta montaxe xa podedes ver como quedaron as portas de infantil. (en breve subiremos as de primaria)

Baile de Entroido. Sesión de Infantil

   Os alumnos e alumnas de Infantil participando no baile de Entroido do colexio.


Día internacional da muller e a nena na ciencia

  En conmemoración do DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, que se celebrou o 11 de febreiro, unha nai que se adica profesionalmente á Ciencia na Universidade de Santiago, veu á escola para falarlles aos nenos e nenas de 6º de infantil de Ciencia, de científicas e de que as nenas poden ser o que queiran, xa que non hai profesións de homes ou mulleres.

   A intención desta charla foi darlle visibilidade á labor das científicas e fomentar esta vocación nas nenas.

"Velemos por que cada nena, en calqueira parte do mundo, teña a oportunidade de acadar os seus soños, medrar dacordo ao seu su potencial e contribuir a un futuro sostible para todos".

(Antonio Guterres, Secretario Xeral da ONU )

 

5ºC infantil gañador do XV Certame de Arte Escolar Eugenio Granell

O venres 14 de decembro os alumnos de 4 anos foron coñecer o Museo Granell... e gañaron un concurso!. (Para ver toda a visita premede AQUÍ   no blog de 5ºC)

Aproveitando o reciclaxe que traballaron durante este trimestre cada grupo fixo unha escultura que presentaron ao XV Certamen de Arte Escolar de Eugenio Granell.

 

 A exposición atópase na Fundación e pasará a formar parte dos fondos da misma.  Podedes visitala ata o 13 de xaneiro.

 Pero a sorpresa mais grande que levaron foi que a escultura " nenos esperando nun banco" de 5ºC foi a GAÑADORA DO CONCURSO no apartado de "grupos escolares de 3-5 anos". A profe Rosana foi recoller o premio cedido por Tórculo consistente en varias impresións de axendas, libro, láminas de Eugenio Granell ademais de pinturas. PARABÉNS!

 

Distribuir contido