Inicio de Sesión

Eumeolimpiadas 2018

Como en anos anteriores, o alumnado do noso centro participou nas "Eumeolimpiadas", xornadas polideportivas organizadas polo Concello de Pontedeume. Isto representa unha boa ocasión para interactuar e convivir co resto do alumnado do concello.

Todo o alumnado participa nun xogo colectivo, que varía en función do curso participante (3º balontorre, 4º fútbol, 5º balonmán e 6º baloncesto) e varios individuais: pentasalto, circuito de habilidade, lanzamento de balón e carreira de relevos.

 

Rematamos a xornada cun "macroaeróbic".

 

Tedes as fotos das xornadas nos seguintes enlaces:

 

TERCEIRO

 

CUARTO

 

QUINTO

 

SEXTO

 

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación das xornadas.