Inicio de Sesión

Saídas

Visita ao MUNCYT

O pasado xoves 10 de novemebro o alumnado de 3º e 4º de primaria, visitou o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía). O alumnado visitou a sala "Mayúsculas", onde se atopa a "linterna orixinal da torre de Hercules", unha pianola, o acelerador de partículas, as primeiras máquinas para reproducir cine (unha delas procedente do cine París de A Coruña, o primeiro ordenador español e o boeing 747 "Lope de Vega".

Ao finalizar a visita o alumnado realizou diferentes circuítos no laboratorio do museo.

Tedes as fotos na galería: FOTOS.

Deixámosvos cun pequeno video da visita.

Iniciación ao piragüísmo

O pasado 20 de xuño, o alumnado de quinto e sexto de primaria realizou unha xornada de iniciación ao piragüísmo, pola ría de Ares. Esta actividade estivo organizada en colaboración co clube de remo "FIRRETE" de Pontedeume.

Unha xornada lúdica e instrutiva pois visitamos lugares descoñecidos para o noso alumnado e o máis importante fixémolo dende un punto de vista novidoso, observamos a costa dende o mar e non como estamos acostumados.

Tedes as fotos na galería de imaxes:

FOTOS.

Despedímonos cunha pequena presentación da xornada.

 

Campamento de Inmersión Lingüística: Os Peares

 Inmersión lingüística<br />
        Os Peares

 

Para acceder as fotos do campamento precede no seguinte enlace:

Fotos

 

Premendo no seguinte enlace podedes acceder aos vídeos dalgunhas das actividades

 Vídeos

 

Saída Fragas do Eume

Dentro do noso PDI de centro "As Fragas do Eume", realizamos unhas saídas co alumnado para estudar a fauna e flora do Parque Natural "Fragas do Eume". Contamos para a realización da saída coa colaboración de monitores especializados que traballan no Parque.

Unha saída moi interesante para concienciar ao noso alumnado da necesidade de conservación da flora e fauna das Fragas do Eume.

Para ver as fotos, premede no seguinte enlace: FOTOS.

Dixámosvos cunha pequena presentación da saída.

 

Eumeolimpiadas 2019

Como en anos anteriores, o alumnado do noso centro participou nas "Eumeolimpiadas", xornadas polideportivas organizadas polo Concello de Pontedeume. Isto representa unha boa ocasión para interactuar e convivir co resto do alumnado do concello.

 

Todo o alumnado participa nun xogo colectivo, que varía en función do curso participante (3º balontorre, 4º fútbol, 5º balonmán e 6º baloncesto) e varios individuais: pentasalto, circuito de habilidade, lanzamento de balón e carreira de relevos. Este ano o alumnado de sexto de primaria realizou un xogo de orientación por parellas en vez dos xogos individuais. Unha experiencia moi interesante.

 

 

 

Rematamos as xornadas cun "macroaeróbic".

 

 

 

Tedes as fotos das xornadas nos seguintes enlaces:

 

 

 

TERCEIRO

 

 

 

CUARTO

 

 

 

QUINTO

 

 

 

SEXTO

 

 

 

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación das xornadas.

 

Eumeolimpiadas 2018

Como en anos anteriores, o alumnado do noso centro participou nas "Eumeolimpiadas", xornadas polideportivas organizadas polo Concello de Pontedeume. Isto representa unha boa ocasión para interactuar e convivir co resto do alumnado do concello.

Todo o alumnado participa nun xogo colectivo, que varía en función do curso participante (3º balontorre, 4º fútbol, 5º balonmán e 6º baloncesto) e varios individuais: pentasalto, circuito de habilidade, lanzamento de balón e carreira de relevos.

 

Rematamos a xornada cun "macroaeróbic".

 

Tedes as fotos das xornadas nos seguintes enlaces:

 

TERCEIRO

 

CUARTO

 

QUINTO

 

SEXTO

 

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación das xornadas.

 

Eumeolimpiadas 2017

Como en anos anteriores, o alumnado do noso centro participou nas "Eumeolimpiadas", organizadas polo Concello de Pontedeume. Isto representa unha boa ocasión para interactuar e convivir co resto do alumnado do concello, aínda que este ano participaron unicamente os centros públicos de Pontedeume.

Todo o alumnado participa nun xogo colectivo, que varía en función do curso participante (3º balontorre, 4º fútbol, 5º balonmán e 6º baloncesto) e varios individuais: pentasalto, circuito de habilidade, lanzamento de balón e carreira de relevos.

 

Rematamos a xornada cun "macroaeróbic".

 

Tedes as fotos das xornadas nos seguintes enlaces:

 

TERCEIRO

 

CUARTO

 

QUINTO

 

SEXTO

 

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación das xornadas.

Vísita Concello de Miño

O pasado xoves o alumnado de 3º e 4º de primaria, realizaron unha visita ao Concello de Miño, como continuación do programa "Coñece a túa contorna", iniciada en cursos anteriores coas visitas aos Concellos de Pontedeume e Vilarmaior.

Podedes atopar as fotos na galería de fotos ou no seguinte enlace: SAÍDA CONCELLO DE MIÑO

 

Visita comarca de Ortegal

O pasado mércores 16 de novembro o alumnado de 5º e 6º de primaria, realizou unha visita a Comarca de Ortegal (Porto de Espasante e Ortigueira).

Viaxamos en tren ata Porto de Espasante, onde visitamos o castro "Punta dos Prados", pequeno castro marítimo, onde destaca o "manumento con forno". Podedes ter máis información deste castro no seguinte enlace: Castro Punta dos Prados.

Posteriormente visitamos a cetarea e os percebeiros responderon as preguntas dos nosos alumnos e explicaron como é o seu traballo.

Ao rematar collimos de novo o tren para desprazarnos ata Ortigueira onde visitamos un muiño de vento. Despois de comer realizamos unha ruta polo bordo litoral dende Ortigueira ata a praia dos morouzos. Ao finalizar a ruta visitamos o museo "Ortegalia", onde o alumnado poido ver diferentes elementos da cultura prehistórica galega e da cultura castrexa.

Podedes ver as fotos na galería de imaxes: FOTOS