Inicio de Sesión

Saídas

Xornada de campo a través 2015

No pasado mes de decembro de 2015, o alumnado de 5º e 6º de primaria do noso centro, participou nunha xornada de campo a través, organizada polo colexio "Castro Baxoi" de Miño.

Unha xornada de convivencia, onde ademais obtivemos varias medallas.

Podedes ver as fotos da xornada no seguinte enlace: Campo a través

Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.

Eumeolimpiadas 2016

Este ano, ao igual que en anos anteriores, o alumnado do noso centro participou nas "Eumeolimpiadas", organizadas polo Concello de Pontedeume. Isto representa unha boa ocasión para interactuar e convivir co resto do alumnado do concello, pois nestas xornadas deportivas participan todos os centros públicos e concertados de Pontedeume.

O calendario de actividades é o seguinte:

  • Luns 11 de abril: terceiro de primaria.
  • Martes 12 de abril: cuarto de primaria.
  • Mércores 13 de abril: quinto de primaria.
  • Xoves 14 de abril: sexto de primaria.

Todo o alumnado participa nun xogo colectivo, que varía en función do curso participante (3º balontorre, 4º fútbol, 5º balonmán e 6º baloncesto) e varios individuais: pentasalto, circuito de habilidade, lanzamento de balón e carreira de relevos.

Rematamos a xornada cun "macroaeróbic".

Tedes as fotos das xornadas nos seguintes enlaces:

TERCEIRO

CUARTO

QUINTO

SEXTO

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación das xornadas.

 

Eumeolimpiadas 2015

Do 14 ao 18 de abril, participamos nas "Eumeolimpiadas", organizadas polo Concello de Pontedeume. Trátase dunhas xornadas deportivas onde o alumnado do centro comparte experienzas cos nenos dos demais colexios do Concello: Couceiro Freijomil, Luís Vives e Atocha.

Comezamos o martes 14 co alumnado de 3º curso que participou en diferentes probas tanto individuais (Lanzamento de balón, penta-salto, circuíto de habilidade) como de grupo (balón-Torre e carreiras de relevos) onde os equipos estaban formados por alumnos de todos os centros.

O mércores 15 continuamos cos de 4º que realizaron as mesmas probas que os de 3º agás o xogo, xa que os de 4º fixeron fútbol-sala.

O xoves foron os de 5º os que participaron coas mesmas probas (cun circuíto predeportivo) agás o xogo, que neste curso fixeron "balonmán".

Rematamos o venres cos de 6º que fixeron  "baloncesto".

Podedes ver as fotos das diferentes xornadas na GALERÍA.

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación.

Xornada de piragüismo 2014

Coma en anos anteriores, este ano tamén realizamos unha xornada de iniciación ao piragüismo, organizada polo Concello de Pontedeume en colaboración co club "FIRRETE".

O alumnado de 5º e 6º de primaria realizou un percorrido pola ría de Pontedeume, realizando diferentes xogos, ata chegar a praia de Cabanas, onde o alumnado tivo un anaco de esparcimento.

Podedes ver as fotos na GALERÍA.

Despedímosvos ata o vindeiro ano cunha presentación da xornada. 

Eumeolimpiadas 2014

Os días 24, 25, 26 e 27 de marzo, o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria, participou nas "Eumeolimpiadas", organizadas polo servizo de deporte do Concello de Pontedeume. Nestas xornadas participan todos os centros do Concello de Pontedeume.

Todo o alumnado participou en probas individuais: "lanzamento de balón", "pentasalto", "circuito de habilidade" e "carreira de relevos" como proba de equipos. Ademais disto participaron nun xogo distinto para cada curso: o alumnado de terceiro xogou ao "Balón torre", os de cuarto xogaron ao "Fútbol", os de quinto a "Balonmán" e os de sexto a "baloncesto". 

Unha xornada de intercambio, convivencia e colaboración con outros rapaces do Concello.

Tedes as imaxes na Galería: TERCEIRO, CUARTO, QUINTO, SEXTO.

Deixámosvos cuoas presentacións das distintas  xornadas.

ACUARIO

pasado venres 22 de novembro o alumnado do 1º ciclo asistiu a un espectáculo teatral organizado pola Editorial Embora en colaboración co Teatro dos Ghazafellos e a escritora María Canosa.

Baseado no libro de poemas "Acuario" de María Canosa presentan un recital dramatizado para que as nenas e nenos se acheguen á poesía e a unha sinxela escenografía. Todo elo con descricións rítmicas sobre os peixes e unha pequena historia ao redor da fauna mariña do noso litoral.


Este espectáculo que tivo lugar na Casa da Cultura de Pontedeume estaba organizado polo Concello de Pontedeume, area de Normalización Lingüística, e a Deputación provincial de A Coruña. 

Tedes todas as imaxes na GALERÍA.

Visita ao Castelo de Andrade

Este ano estamos a realizar as actividades do centro en torno ao tema "A Idade Media, e por ese motivo realizamos a visita ao Castelo de Andrade. Durante a visita contamos coa colaboración dos responsables do Concello de Pontedeume que explicaron ao alumnado a historia do Castelo e a axuda do persoal de protección civil.

A continuación tedes unhas imaxes da visita, coma sempre tedes todas as imaxes na GALERÍA.

CONVIVENCIA FINAL DE CURSO: "PLAYA DE CABANAS"

O pasado xoves día 20 de xuno, realizamos unha xornada de convivencia na Praia de Cabanas. O alumnado tanto de infantil como de primaria, xogaron na praia a diferentes xogos, fixeron castelos de area, etc.

Foi unha xornada moi entretida a pesar do mal tempo.

Tedes as fotos na GALERÍA.

Deixámosvos cunha presentación da xornada.

Ruta en Piragua

O pasado día 23 de maio, realizamos unha ruta pola ría de Pontedeume, organizado polo Concello de Pontedeume e o Clube Firrete. O alumnado do 3º ciclo, disfrutou dunha xornada de iniciación ao piragüismo dunha forma lúdica e divertida, coa realización de diferentes xogos coa piragua.

Podedes ver as fotos na GALERÍA.

 

Eumeolimpiadas 2013

Este ano, ao igual que en anos anteriores, participamos nas "Eumeolimpiadas" organizadas polo Concello de Pontedeume. Este ano participa o alumnado do 2º ciclo e do 3º ciclo de primaria. Nesta ocasión participamos en deportes colectivos: balón torre (terceiro), fútbol (cuarto), balonmán (quinto) e baloncesto (sexto), carreira de relevos e deportes individuales: lanzamentos de balón, pentasalto e circuito de habilidade.

Tedes as fotos da xornada na GALERÍA.

Deixámosvos cuns pases de diapositivas.