Inicio de Sesión

Complementarias

Master Class Zumba

Que mellor maneira de despedir estre trimestre que cunha clase de Zumba con toda a comunidade educativa da man de Inés, nai dun neno de Educación Infantil.

Despois diso compartiremos unha merendola saudable entre todos/as. Así que non o pensedes máis, e non dubidedes en acudir ás 11:00h e desfrutar desta convivencia.

Agardámosvos!

ENAPAS

 

Durante o mes de abril teremos a oportunidade de formarnos da man de dúas grandes profesionais no ámbito do benestar emocial. Por este motivo, convidámosvos a compartir con nós estas sesións onde ademais de afondar nestas técnicas, desfrutaremos dun café xuntos/as.
Animádevos a participar!

Para anotarvos podedes chamar ao centro ou directamente na conserxería

Venres olímpicos

Damos comezo aos “venres olímpicos”, xornadas e obradoiros onde coñeceremos en profundidade diferentes deportes da man de profesionais e clubes da contorna. Así, damos continuidade ao noso Proxecto dos Xogos Olímpicos e seguimos fomentando entre o noso alumnado hábitos de vida saudable e a actividade física.

Aproveitando que esta semana celebramos o 8M, Día da Muller, temos unha gran invitada, Sara Vázquez, nai dunha alumna do noso centro e xogadora de baloncesto profesional. Con Sara afondaremos neste deporte de equipo e aprenderemos novas técnicas.

Non perdades de vista as nosas redes sociais e páxina web, pois iremos anunciando novidades e novos deportes a coñecer e practicar!

Día da discapacidade

Prema na imaxe para ver o vídeo

Graduacións 2023

Tedes as fotos na galería no seguinte enlace: FOTOS

Saída piragüismo

 

Para ver o vídeo clicade na imaxe.

Tedes todas as imaxes na GALERÍA.

Educación vial

EDUCACIÓN VIAL 

O alumnado de 3º- 4º de Ed. Primaria disfrutou esta semana dunha formación de Educación Vial a cargo de Alba, policía local de Pontedeume. Aprenderon os principais sinais de tráfico, ser peóns e conductores responsables e como actuar nunha situación de emerxencia.