Inicio de Sesión

Complementarias

Poesias Terceiro de Primaria

Premede nas imaxes para ver as presentacións

 

     

 

Terceiro

                    

  Terceiro 1    Terceiro 2          

 

 

 

 

Xogos fin de curso

Como remate aos actos programados para o día de fin de curso, 21 de xuño, todo o alumnado do centro realizou varios xogos, de xeito rotativo. Cada 5 minutos rotaban dun xogo a outro pasando deste xeito por todos os xogos programados.

O alumnado de  primaria participou nos seguintes xogos: Roubar a cola, as botellas, o pano, o brilé, o xogo das cadeiras con aros e corre corre que te pillo. Ademais os de primeiro en substitución do brilé realizaron un circuíto con zancos.

O alumnado de infantil realizou os seguintes: o paracaídas, buscando casa e carreira de sacos.

 

FOTOS

 

Nicolasa, ¿Y tu casa?

Formando parte dos actos de fin de curso, parte do alumnado de sexto de primaria, representou para o resto do centro, don monicreques, unha adaptación da obra de Mar Benegas "NICOLASA, ¿Y TU CASA?.

GRAZAS polo voso esforzo e polo bo traballo realizado.

FOTOS

VÍDEOS

Despedímonos cunha pequena presentación dos actos.

Cinderella

O pasado 21 de xuño e como parte da programación dos actos de fin de curso, o alumnado de cuarto de primaria, representou en inglés a obra "CINDERELLA".

Noraboa artistas.

Podedes ver as fotos e o vídeo nas respectivas galerías:

FOTOS

VÍDEOS

Despedímos cunha presentación da obra.

 

Graduación 2019

O pasado mércores 19 de xuño, celebramos no centro as graduacións dos nosos alumnos e alumnas de sexto de infantil e sexto de primaria.

Unha xornada moi emotiva, con actuacións tanto do alumnado de infantil como o de primaria.

Comezamos cunha obra representada polos/as nenos/as de infantil, "O casamento da mosca e a pulga". A continuación cantaron a canción "Eu teño sete amigos".

Despois foi o turno dos maiores que comezaron coa representación da obra "Boas noites, continuaron coa interpretación, con piano e frauta, do "himno da alegria". Rematamos co baile dos Peares e entrega de agasallos.

Rematamos os actos cantando todos xuntos "A vindeira estación", que todo o alumnado do centro adicou aos de sexto de primaria.

Dende o CEIP Plurilingüe de Andrade queremos desexarlles moitísima sorte na súa nova andaina no IES.

SORTE E ATA SEMPRE.

Coma sempre tedes as fotos e vídeos nas súas respectivas galerías:

FOTOS.

VÍDEOS.

 

Deixámosvos cunha pequena presentación dos actos.

 

Hansel and Gretel

O martes 11 de xuño, o alumnado de terceiro de educación primaria, representou a obra de teatro "HANSEL  AND  GRETEL", en inglés.

FOTOS

VÍDEOS.

Despedímonos cunha pequena presentación da xornada.

Apadriña un lector

O pasado venres 7 de xuño, celebramos unha xornada de apadriñamento lector, onde o alumnado de 4, 5 e 6 leron un conto, previamente traballado nas aulas, ao resto dos nenos do cole.

FOTOS

Rematamos cunha pequena presentación da xornada.

 

Musicreques

O pasado mércores, 28 de novmebro, Alma e Loreto integrantes do grupo "MUSICREQUES", interpretaron para todo o noso alumnado diversos obras de teatro con monicreques musicados, con música en directo.

Grazas.

Tedes as fotos no seguinte enlace:

FOTOS