Skip to Content

CEIP "A Ponte"

 

 

 

ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ DO 2º CICLO DE E. INFANTIL E EN EDUCACIÓN PRIMARIA:

 - ADMISIÓN

 Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo (criterios de admisión)  

LISTAXE PRAZAS VACANTES

Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. 

Do 21 de marzo ata o 5 de abril, ambos incluidos, entrega da documentación xustificativa dos méritos alegados, cando a demanda de prazas escolares sexa superior á oferta.

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril. 

Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido. 
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio. 

- MATRÍCULA 

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

 

 -----

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN

Comeza o proceso para a reserva de praza no IES LUCUS AUGUSTI, por parte do alumnado de 6º de Educación Primaria matriculado neste curso 2023-2024 no CEIP A PONTE.

O prazo de presentación das solicitudes será do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o ANEXO I en papel, ou a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ .

Dita solicitude deberá presentarse no CEIP A PONTE ou a través da Sede Electrónica. Neste último caso precisarase dispoñer de Chave 365 ou certificado dixital para poder asinala.

No seguinte enlace podedes consultar a normativa de aplicación e outra información relacionada co citado procedemento.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/Axuda.action

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut