INICIO DO CURSO 2007/08

Servizo de gardería e almorzo

O servizo de gardería comeza o día 13 de setembro de 7:30 a 9:00 horas sen almorzo.

O coidador facilítao o Concello de Ourense. É un servizo gratuíto.

A partir do día 1 de outubro daranse almorzos aos nenos que se apunten a este servizo.

Este servizo será de pago, aínda que o Concello subvencionará unha pequena parte deste importe.

Actividades extraescolares

As actividades extraescolares comezarán o día 1 de outubro.


Intentaremos dar continuidade ás actividades do ano pasado nos mesmos horarios.

Recordámosvos as actividades que organizou o ANPA no curso pasado:
Pintura, xadrez, baile galego e pandeireta, manualidades, patinaxe,
guitarra, cociña, teatro e contacontos.

Tamén continuarán as actividades concertadas: Aerobic, Defensa
Persoal, Informática, Mecanografía asistida por computador, Fútbol e
Baloncesto


Ademais teremos dúas actividades novas:

Gaita e percusión con base non solfeo (para maiores de 7 anos)

Iniciación a Informática (de 5 a 7 anos)