Novas

Menu Marzo 2024

Achegamos menu do mes de marzo para o 2024

Un saúdo.

Samaín 2023

SAMAÍN 2023

 

O pasado martes 31 de outubro do 2023 pasamos un terrorífico Samaín no CEIP A Ponte, deixámosvos por aquí algunhas horripiantes imaxes:

 

 Tedes máis imaxes na galería desta páxina web.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipaponteourense/galeria/

 

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

En setembro o alumnado de 6º de educación primaria asistiu ao circuíto da "Semana europea da mobilidade sostible". 

GARAVANCIÑO COME SANIÑO

Garavanciño come saniño

 

O alumnado de 1º a 4º de educación primaria participou durante o mes de outubro en varios obradoiros relacionados ca boa alimentación e a saúde, no programa "Garavanciño come saniño". 

 

DÍA NON LECTIVO

Estimadas familias.

Informamosvos que o CEIP A Ponte ,terá como día non lectivo, durante este ano 2023:

 O día 13 de Outubro.

Un saúdo.

RECOLLIDA DE LIBROS

A Partir de maña mércores, en horario de 9:30h ata ás 14:00h, podedes vir por secretaria a recoller os libros de texto para o vindeiro curso 2023-2024, as familias que así o solicitaron.

Un saúdo.

AVISO PARA AS FAMILIAS DE ALUMNDO DE 3 ANOS

 

Estimadas familias, 

O día 5 de setembro ás 10:30h, teremos unha reunión para explicarvos todo o necesario para o inicio de curso.

Por favor, tende en conta que haberá un período de adaptación, moi necesario para as/os nenas/os, durante a primeira semana, despois o horario será o habitual do cole.

Os listados de material e libros xa os tedes dispoñibles na páxina web do centro.

Feliz verán para todas/os

Equipo de Educación Infantil

Publicadas Instrucións de xestión de comedores 2023-2024

Hoxe aparecen publicadas as Novas Instrucións para a xestións dos comedores ecolares, durante o curso 2023-2024.

Podedes achegarvos ao centro e traer a documentación que vos falte .

O horario será de 9 a 13horas.

Os prazos serán:

.- Listras provisionais de admitido, publicaránse o día: 12de xullo do 2023

 

.- Listas definitivas de admitidos, publicaránse o día: 18 xullo do 2023.

 

Un saúdo

Entrega vales libros e material escolar

A partir do xoves 6 de xullo podedes pasar polo centro para recoller os vales.

Distribuir contido