Novas

Libros de texto e material escolar para o curso 23/24

Publicamos a relación de libros de texto para o vindeiro curso. A lingua materna manifestada polas familias do alumnado de 3 anos é o castelán, polo que os libros serán a versión en castelán.

Así mesmo tamén iremos actualizandos as listas de material escolar.

Derradeiras actividades complementarias do curso

Rematadas as actividades lectivas, déixamosvos as imaxes das últimas actividades.

Proxecto Profesións 6º Educación Infantil

 

Excursión de fin de curso de 5º de Primaria a Pobo Aventura en Teixeiro

 

Excursión de fin de curso de 6º A Cangas e Ecoparque de Marín

Na galeria de imaxes dispodes de todas as fotografías

Á auga, patos!

O alumnado de 6º viviu unha xornada moi especial en Castrelo de Miño! 

Día agradable para os deportes náuticos, difícil resistirse a un "chapuzón"!

Nas Galerías tedes acceso a todas as imaxes.

Fervenzaventura 3º e 4º

Día grande para o alumnado de 3º e 4º de Primaria, que anticiparon o fin de curso coa excursión a Silleda.

Un día espléndido para realizar actividades ao aire libre!

Ata os profes se animaron a "voar" polos aires ...

Nas Galerías podedes atopar todas as imaxes.

 

Concilia Verán

O 7 de xuño, abre o prazo para preinscribirse nas actividades do programa Concilia Verán 2023 organizadas pola Concellería de Educación, dirixidas a todos os nenos e nenas da cidade.

Nos documentos adxuntos dispodes de toda a información.

Visita a Marcelle 1º e 2º

Comezamos a tempada das excursións de fin de curso!

O alumnado de 1º e 2º de Primaria visitou o zoo de Marcelle; e polas imaxes... Non o pasaron nada mal!

Nas Galerías podedes atopar as fotos.

Celebramos o Día das Letras Galegas

Ao longo desta semana celebramos o día das nosas letras, con diversas actividades nas aulas.

 

Grazas á ANPA poidemos gozar do espectáculo de Peter Punk!

E para rematar a celebración... no podía faltar a actuación do noso Coro!

Becas alumnado de necesidade específica de apoio educativo

Desde onte 8 de maio e ata o 20 de setembro, pódense solicitar as becas.

Máis información, na páxina web do Ministerio

 

Visita á Comisaría de Policía

O 26 e 27 deste mes o alumnado de 3º e 4º de primaria visitou a Comisaría da Policia Nacional. E polas súas caras tiveron unha mañá moi divertida.

 

(Nas Galerías estan todas as imaxes)

Programa “Vivir en salud” da Fundación Mapfre

O alumnado de Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria participou nos talleres da Fundación Mapfre os días 13 e 14 de abril.

Distribuir contido