Novas
Semana de actividades culturais
Rematamos o trimestre con diversas actividades culturais:
O 23 de marzo o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria asistiu á representación de “Cíclope” no Auditorio, obra teatral que forma parte do programa de educación financeira que desenvolven ABANCA e Afundación.
O 27 de marzo o alumnado de 1º de primaria participou nun encontro con María Canosa, autora dos libros “O día que choveu do revés” e “Unha fábrica de bicos”
O 28 de marzo visitounos Pere Taburuela, autor do libro “Formigas”.
O 30 de marzo recibimos a Charo Golmar, que nos presentou o seu libro “Bicos no vento”.
Estas actividades foron posibles grazas ao Equipo de biblioteca e ao profesorado que preparou co seu alumnado diversas actividades para as visitas.
Deixamos a continuación as palabras que nos dedicou:
Prezados amigos e amigas do CEIP da Ponte, agradecemento infindo polo voso esforzo, polo voso tempo e por un día inolvidable cheo de agarimos, emocións e amabilidade. Parabéns pola expléndida labor que levades a cabo! Un honor pertenecer a un colectivo de mestres comprometidos cunha Educación pública de calidade que trasmite valores, posibilita enriquecedoras experiencias, facilita espazos de encontro creativo e trasmite sensibilidade ao seu alumnado.
Moitísimas grazas por todo!!
Tamén nos enviou este poema para o centro:
Moi agradecidos pola súa visita e as súas palabras!
Día da Paz 2023
O pasado luns día 30 celebramos o Día da Paz.
Foi un día especial, cheo de alegria e moitas emocións
Grazas a todos pola participación e colaboracións!
Nas galerías atoparedes diversas imaxes da celebración.
Concerto de Nadal
Outro ano que queda atrás, mil momentos que recordar.
Outro ano novo que virá, cheo de soños que desexamos facer realidade.
Ven cantar connosco, que xa chegou o Nadal.
Desexamos que estas notas musicais consigan chegar a todos os corazóns alegres, tristes...
Senón ... que sentido tería o Nadal?
O Nadal é un sentimento de unión, amor, nostalxia, amizade, esperanza...
(V.M)
Grazas ao noso coro pola súa entrega, esforzo e compromiso.
Aproveitamos para agradecer a todo o persoal do Centro, ao alumnado, as familias e a ANPA a súa colaboración durante o 2022.
O Equipo directivo deséxavos: Bo Nadal e feliz 2023!
BO NADAL
Agora que xa estamos de vacacións, queremos desexarvos a todos os membros da nosa Comunidade Educativa felices festas e que teñades unha boa entrada de ano.
Gozade do mererecido descanso, pasádeo ben coa familia e sobre todo saúde para todos!
Volveremos o 9 de xaneiro.
Presentación do libro A mar, amar
O pasado día 5 de decembro alumnos e alumnas do Centro, xunto coas súas mestras participaron na presentación do libro A mar, amar de Xosé Luna.
En agradecemento á colaboración do Centro, recibimos esta fermosa nota:
No ficheiro adxunto podedes ver a actuación do Coro do Centro.
Campaña de recollida de alimentos e xoguetes
Un ano máis colaboramos na campaña de Nadal para recoller xoguetes e alimentos.
Pedimos a vosa colaboración. Na entrada principal do centro hai dúas caixas para que os depositedes.
Menú de decembro
Publicamos o menú xeral do mes de decembro, a empresa comunica que aínda non dispón das dietas e que as facilitará o máis axiña posible.
Presentación do libro A MAR, AMAR
O vindeiro luns 5 de decembro celebrarase a presentación do libro A mar, Amar de Xosé Luna no Liceo de Ourense ás 19 horas. A entrada será libre.
O acto será presentado pola nosa compañeira Susana Godoy, tamén participará o alumnado de 5º de Infantil e será a presentación oficial do coro do Centro, dirixido por Emma Fernández.
Un enorme orgullo para a comunidade educativa do CEIP A Ponte.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »