Desfile de Entroido

Despois de días intensos de preparación e traballo, o venres 17 estivo no barrio "O gran circo do CEIP A Ponte". 

Mimos, forzudos, presentadores, magos, arlequíns e animais desfilaron polas rúas, sendo recibidos polo gran público con moita animación e ledicia.

 

Grazas a todo o alumnado pola participación, ao profesorado pola súa implicación e ao Concello de Ourense pola charanga e por poñer a rúa á nosa disposición! E por suposto, ao gran público do barrio de A Ponte que nos recibiu nas rúas!

 Moitas grazas a José A. Vazquez por compartir connosco a súa gravación!