Entroido: Felos e Madamas de Esgos

Onte martes, estiveron no cole "Os Felos e as Madamas de Esgos". Contaronnos de forma breve como son os seus traxes ( que non son disfraces), e as súas máscaras. E como celebran o entroido e a súa tradición.

Queremos agradecer a AMPA a súa colaboración nestas actividades que fan que o noso alumnado coñeza o entroido máis próximo.