Dia de Rosalía

Hoxe no cole tivemos unha actividade promovida pola ANPA, para darlle a coñecer ao alumnado a figura de Rosalía de Castro, e o que representa para a cultura e lingua galega.

Por iso estiveron no colexio Lele e Tegra de Trécola Teatro, que fixeron un percorrido polas aulas cun pequeno espectáculo adaptado aos diferentes ciclos. Mirade a montaxe que preparamos e o ben que recitaron os/as nosos/as nenos/as.