Estimadas familias:
Informámoslles que o centro participará, un ano máis, na recollida de roupa e calzado usado organizado por Mariola Solidaria, en beneficio da ONG Global Humanitaria. Nos vindeiros días entregarémoslle a cada alumno/a unha bolsa para todas aquelas persoas que desexen participar. Poderán traer as bolsas coa roupa ata o mércores 4 de outubro en horario de 9:45 a 11:45 e de 16:00 a 18:00h. Tamén poderá traela o alumnado ata o xoves 6 de outubro, incluído, e entregarlla ao titor/a, no momento da entrada no centro. A partir dese día xa non se recollerán máis bolsas.
A recollida da roupa realizarase o xoves 5 de outubro en horario de mañá.
Lembrámoslles tamén que ata o martes 3 de outubro, en horario de 16:00 h a 18:00 h, segue a súa disposición a roupa esquecida do alumnado para que a poidan recoller. A roupa non recollida será doada e retirada do centro o vindeiro xoves 5 de outubro.
Máis información sobre a Campaña Mariola Solidaria:
Atentamente. Dirección.