Skip to Content

Escolares

RECOLLIDA DE TAPÓNS.

Como xa sabedes, o CEIP da Barqueira en colaboración coa FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA, estamos a levar a cabo unha recollida de tapóns solidarios coa seguinte causa:

Así, con todos os tapóns que levamos ó cole, estamos a facer un rexistro mensual da recollida dos mesmos, xa que Iago necesita unha cantidade moi grande de tapóns e queremos saber cal é a nosa parte en toda esta colaboración que o pequeno recibe.

Nesta liña e con toda a nosa recollida diante, comezamos por facer unha estimación de cantos podíamos ter na nosa pequena caixa (ó máis puro estilo ABN), e este foi o resultado...

 

 

Unha vez feitas as nosas estimacións, A CONTAR!!!! Porén, para non liarnos coas nosas contas decidimos facer primeiramente decenas con eles (QUE VIVA Ó ABN!!!)

   

 

Como era normal os tapóns non facían decenas exactas, polo que finalmente tivemos que contar os que quedaban soltos e rexistrar todas as decenas que conseguimos facer pola clase. Tras o reconto das decenas e das unidades que quedaban soltas quedounos esta suma taaaaaan complexa que conseguimos resolver cun pouco de axuda.

 

RECOLLIMOS EN XANEIRO 563 TAPÓNS!!!!

Máis tarde, aínda o complicamos máis, cánto sería esa cantidade en peso? Así que fixemos novamente estimacións e...

Para estar comezando non o fixemos nada mal!!!! Case un kilo e medio de tapóns para Iago.

GRAZAS FAMILIAS!!!

 

 

 

Día da Paz. Xornada de convivencia co CEIP San Ramón de Moeche.

O pasado Martes 30 de Xaneiro, o CEIP da Barqueira e o CEIP San Ramón de Moeche realizaron conxuntamente unha xornada de convivencia co gallo do Día da Paz. Así, no centro anfitrión tivemos a sorte de ver un espectáculo de maxia e malabares a cargo do grupo "Sircópatas".

 

    

Posteriormente, entre todos os nenos/as dos dous centros decoramos unha pomba da paz unindo as mans de todos/as nós.

E así de bonito quedou!!!!

Despois de tanta actividade e de merendar unos riquísimos churros con chocolate ós que convidaron o centro anfitrión, realizamos diversos xogos e actividades entre todos/as. Pasámolo tan ben que antes de saír de Moeche xa estabamos pensando en repetir a experiencia, así que... REPETIREMOS!!!

 

 

 

 

GRAZAS CEIP SAN RAMÓN!!!!!

 

 

E moito máis...ABN

Continuamos adquirindo conceptos como: tanto como...

Así, seguindo as diferentes cosignas íamos collendo os paliños de cores: "tantos como orellas teño", "tantos como somos na clase", "tantos como faltan hoxe", "tantos como marca o nº da carta". Un xogo que pode parecer sinxelo, pero que para eles supón contar, pensar nos que teñen na man e engadir ou sustraer en función desa cantidade...CASE NADA!!!

 

Posteriormente, e aproveitando que contábamos coas cartas do UNO, xogamos a ubicalas na recta numérica que temos na aula. Porén, non valía de calquera xeito, xa que coas cartas cara abaixo e a espera do "XA!", colocábamos a carta máis alta, a máis baixa, os amigos do 10...

Outro día, xogaremos ó xogo seguindo as reglas reais, a ver que tal se nos da, aínda que eu non teño dúbidas de que será perfecto. Guiño

*************

Noutra sesión, fixemos diferentes grupos para xogar ós xogos que temos na aula e que tamén viaxaron polas vosas casas nas caixas dos xogos.

Creo que agora os do ABN son os nosos favoritos.

 

 

ESPECTÁCULO DE MAXIA E VISITA DE PAPA NOEL

Xa a piques de rematar o 1º trimestre, tivemos a sorte de presenciar no centro un espectáculo de maxia dos que deixan coa boca aberta.

Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos:

 

  

   

E tamén por cuestións de maxia, apareceu alguén moi especial para nós, que esperamos poda cumplir todos os nosos desexos.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut