Skip to Content

Escolares

Día das mascotas.

Posteriormente a nosa saída á granxa, realizamos o día das mascotas co fin de seguir afondando no noso coñecemento sobre todo este mund,o e máis concretamente, sobre os animais domésticos.

Así, recibimos a todas aquelas familias que quixeron acudir ó centro co seu animal de compañía. A verdade é que foi unha experiencia que seguramente repetiremos!!! Risa

Velaquí tedes algunha mostra desta experiencia tan bonita...

      

 

  

     

   

  

Así, aproveitamos novamente para realizar un montón de preguntas e seguir recadando información sobre o mundo animal.

      

Unha vez máis, GRAZAS FAMILIAS!!!!!!

Saída á granxa.

Vinculada novamente ós diferentes Proxectos de traballo que se están a realizar no centro, fixemos unha nova saída a unha granxa cercana, na que tivemos a oportunidade de recoller un montón de información sobre os coidados, necesidades e características dos diferentes animais que alí nos atopamos.

Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos...

    

Vimos como ordeñaban ás vacas, cal era a que conseguía dar máis leite, como trataban o producto e onde se almacenaba...

Como lles daban de comer ás máis grandes, pero tamén ás máis pequerrechiñas...

    

Algún intentou darlles de comer...pero SORPRESA!!!!...a palla é onde durmen....non para comer Vergoña

                                     

Tamén vimos cabalos...

E o que sen dúbida foi o grande protanista da nosa saída.... 

Finalmente, tivemos a grande sorte de poder merendar chocolate quentiño feito con leite das propias vacas da granxa e biscoito. ESTABA TODO BOÍSIMO!!!

 

MILLÓNS DE GRAZAS A BELÉN E FRAN POLO TRATO RECIBIDO E POLA VOSA PACIENCIA INFINITA!!!!!

 

50 aniversario do Libro da Selva.

Xa fai un par de semanas que se celebrou o 50 aniversario da película de "El libro de la Selva" producida por Walt Disney no ano 1967. Esta película, baséase na incrible historia escrita por Rudyard Kipling no ano 1894, da cal tedes varios exemplares na biblioteca do centro, así como a película máis actual.

Por isto, e posto que este curso as Bibliotecas escolares atópanse no ano de "Aprender a pensar", decidimos utilizar esta celebración para traballar esta temática vinculada a Mogwli e ós seus amigos.

Así que, antes de comezar o traballo en profundidade, realizamos o visionado da película nunha sesión de cine con palomitas incluídas.

   

CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA E DEREITOS HUMANOS

Como cada ano, o 6 e 11 de Decembro conmemórase a Constitución Española e os Dereitos Humanos respectivamente, datas algo complexas para traballar con nenos/as tan pequenos....ou iso criamos nós!!!

Así, e posto que nos tiñamos todavía nome para a nosa tartaruga, decidimos sometelo a votación entre seis posibles opcións (dúas posibilidades de cada aula). Nesta liña, coa mesa electoral constituída, o censo nas mans dos seus integrantes e os diferentes carnets en disposicións de todos os votantes, comezamos as votacións exercendo así o noso dereito ó voto.

  

 

Finalmente, e realizado o reconto de votos, a nosa tartaruga POR FIN TEN NOME...

CHISPA

Na mesma liña, e finalizadas estas primeiras votacións, coñecimos entre todos/as o que era a Constitución Española, un "libro moi gordo no que están as normas de España". Pois non ibamos desencaminados, xa que a pesar de que nela figuran os nosos dereitos como é o de votar, tamén se establecen os nosos deberes. Así, decidimos realizar entre todos/as un decálogo das normas do patio cuberto, esas que algunhas veces se nos olvidan (pero poucas, eh? Canso). Por isto, cada clase determinou aquelas que considerou máis importantes, as debatimos entre todos e finalmente as ratificamos.

Así que volta a votar polos nosos deberes... E si!!!!Os profes tamén votamos...

 

 Finalmente, e excepto tres "revolucionarios/as", as normas quedaron ratificadas 24 votos frente a 3. APROBADAS!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut