DÍA DO LIBRO

Este ano para conmemorar o Día do Libro en Bibliobencho fixemos unha cheiña de actividades.

O luns día 17 de Abril, grazas a profe Celi, viñeron as aulas de 5 anos A e B, Pily e Belén, as responsables da  Biblioteca do Pereiro de Aguiar,  para contarnos dous contos: "A vaca que puxo un ovo" e "O coelliño blanco ", e regalarnos uns marcapáxinas. Tamén nos deixaron unha maleta cheiña de libros. Moitas grazas por compartir con nós esta experiencia. 

   

   

 

O venres 21 de abril, a AMPA agasallounos coa obra de teatro "Tesouro", representada por Trecola teatro.

 

 


O luns 24 de abril, realizomos un apadrinamento lector. O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria leulle uns contiños os máis pequerrecho do cole.

 

 

Ademáis, a rapazada participou nun obradoiro de marcapáxinas que se desenvolveu na biblioteca durante os recreos.

Mirade que bonitiños lles quedaron!!!!