Skip to Content

ENTROIDO

 
 
 
 

       Xa rematou o Entroido, e un ano máis, o C.E.I.P. BIBEI organizou o desfile de disfraces polas rúas do noso pobo. O desfile estuvo encabezado polo folión de nenos/as do noso colexio.

          Pincha na GALERIA para ver as fotos.

ANDROLLA DE OURO

O domingo día 22 de febreiro foi o día da festa da androlla en Viana do Bolo. Como cada ano fíxose entrega dende o salón de plenos do concello do máximo galardón dende hai 5 anos: A ANDROLLA DE OURO. Esta élle concedida a aquelas persoas e institucións que, de algunha maneira potencien o entroido e as súas costumes. En total concedéronse seis, en forma de broche ou pin.

Unha destas androllas de ouro veu parar ó Ceip Bibei, en recoñecemento a súa longa traxectoria na potenciación e difusión do entroido. A entrega corre a cargo do señor alcalde e recibiuna a directora do centro Mª Luisa Atanes franco en nome de toda a Comunidade Educativa.

Tamén nos acompañou o delegado de Educación Don Gonzalo Iglesias Sueiro e nos sentimos moi honrados pola súa presenza.

Ademáis de ser un acto oficial foi un acto entrañable e inesquecible que nos enche de orgullo a todo o claustro e nos dá folgos para seguir traballando nas costumes e entroido do noso pobo.

Norabóa e grazas.

Distribuir contido
Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


by Dr. Radut