Skip to Content

Benvida

Ceip Bibei

 

CEIP Bibei

Rúa Nicolás Tenorio nº 10

C.P. 32550, Viana do Bolo

Tel./FAX: 988 34 00 23

E-mail: ceip.bibei@edu.xunta.gal

BO NADAL

                                           O CEIP BIBEI DESÉXAVOS UN BO NADAL E FELICES FESTAS!!!

                                           VÉMONOS MAÑÁ ÁS 10:30 NO FESTIVAL DO COLE

 

                                 

TODOS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

 

O día 25 de novembro é o día  internacional contra a violencia machista. O alumnado de primaria do  CEIP  Bibei  participará o día 23 na  actividade organizada  polo Concello na Casa da Cultura, a representación teatral “A nena que quería navegar”.

 

Agradecemos o convite do Concello.

XORNADAS DO PLAN DIRECTOR.

 

 

O luns, 20 de novembro terán lugar unhas charlas informativas polo Plan Director, no que se tratarán os temas: acoso escolar  e risco en internet

 Pola mañá estarán dirixidas ao alumnado de 5º e 6º .

Pola tarde, ás 17:00h  na biblioteca do CEIP BIBEI terá lugar a charla dirixida a profesorado e familias. 

Rógase a súa asistencia pola importancia dos temas a tratar.

 

Par máis información consultar o seguinte enlace: Plan director.

CONCURSO

 

  COLABORA COA TÚA FAMILIA, DESEÑA UN LOGO PARA O NOSO COLE

 

     1.- Participantes.

    Poderá participar todo o alumnado de Educación Infantil e Educación

    primaria, con carácter voluntario, en colaboración coas familias.

 

2.- Modalidade.

     Aberta a calquera tipo de modalidade artística ( acuarela, pintura, collage

     deseño gráfico.

 

3.-  Contidos.

      Nome do colexio: Ceip Bibei

      Localidade: Viana do Bolo

      No caso de utilizar imaxes éstas deberán ser de uso libre ou de

      producción propia.

 

4.- Entrega e identificación.

      Os traballos entregaranse nun pen drive co nome do neno/a.

 

5.- Prazo de entrega.

     A data límite de entrega será o día 1 de decembro.

     Os traballos entregados fóra desta data serán excluidos.

 

6.-  Xurado.

      O xurado estará composto por dous papás, dous mestres, a directora do

      centro e a secretaria que levantará acta con voz pero sen voto.

      Os representantes dos pais serán escollidos a sorteo entre os membros

      do consello escolar.

 

7.- Resolución.

     O fallo do xurado farase público no festival de NADAL.

     O traballo seleccionado será premiado con unha cámara FujiFilm Instax

     Mini 8. Cámara analóxica instantánea ( flash, velocidade de obturación fixa

     de 1/60s), color branco

Distribuir contido
Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


by Dr. Radut