O noso blog de Dinamización Lingüística
Artigos recentes
Blogue do EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA | hai 14 anos 10 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para Educación Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 5 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 2º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 5 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 3º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 5 semanas |
Revista "Ollos de auga" | hai 9 anos 16 semanas |
Na semana do 14 ao 18 de febreiro tivemos tamén a sorte de poder contar cunha actividade de robótica na aula de 3º e 4º. A actividade foi organizada pola fundación ABANCA e permitiulles á cativada desa aula deseñar un dispositivo con son para avisar ás aves mariñas de que non quedasen atrapadas nas redes dos barcos. Usaron sensores de presenza e intercambiaron mensaxes entre eles, e todo usando as posibilidades que os microbits lles ofrecen.
Pasárono xenial e esperámolos para o mes de abril con outra visita ao noso centro!
Este martes 15 de febreiro, visitounos Carmen Freire, colaboradora de Mans Unidas que nos ensinou moitos dos usos e propiedades das diferentes plantas que podemos utilizar no noso horto. Co seu gran entusiasmo e sabedoría fixo varias quendas de traballo coas diferentes aulas para poder contarlles moitos dos usos e propiedades dalgunha das plantas que usamos.
Pasámolo moi ben e agardamos con moito interese que volva a visitarnos a mediados de abril!!!
Para conmemora o día da paz, o alumnado de 3º/4º e 5º/6º de Valores, grazas á profe Monchi, prepararon a seguinte obra de teatro.
Grazas a todos e todas por este traballo.
NADAL 2021
Como se di no comezo desta videomontaxe que podedes ver, imos celebrar un nadal distinto, e a todos nos doe moito que non se poida celebrar como a todos nos gustaría. A quen máis lle doe seguro que é á rapazada pero non queda outra que esperar tempos mellores.
Cos nosos mellorese desexos de saúde e ilusión para o novo ano.
Para dar comezo a un novo proxecto sobre a flora silvestre tivemos a sorte do contar con Montse Fernández, nai dunha alumna de 4º de primaria, Catarina, e que non só nos ensinou algunha das plantas que podemos atopar no entorno do noso colexio, senón que tamén puidemos degustar algunha das saborosas receitas que con esas herbas elaboramos na nosa nova cociña. Preparamos unhas tortitas feitas con ovo, fariña de espelta, leite de avea, fiuncho e couselo (embigo de Venus), que acompañamos con sirope de arce e froitas (arandos, amorodos e plátano). Para rematar brindamos cun zume feito con mazás, e correolas ou llantén(maior e menor), menta silvestre (mentrastes) e dente de león.
Aínda que o seu día se celebrou o pasado 18 de outubro, no centro puidemos celebrar o Día das Mulleres Escritoras o venres 22 coa visita ao centro de Elvira Ribeiro, autora entre outras de obras como "Ola! Son un bicho bóla!" e coa que fixo pasar un bo rato aos máis pequenos.
Aí vos quedan unha pequena mostra do seu paso polas diferentes aulas do centro.
MOITAS GRAZAS POLA VISITA!!!
A NOSA PDI NESTE CURSO " NATUREZA SILVESTRE" DOU LUGAR A QUE OS NOSOS CARNETS DE BIBLIOTECA FOSEN DIFERENTES AO DOS OUTROS ANOS. O EQUIPO DE BIBLIOTECA, AXUDADO POLO EQUIPO DE TICs, CONSEGUÍU UNS CARNETS ILUSTRADOS CON ÁRBORES, ARBUSTOS E HERBAS DA NOSA CONTORNA. AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DE COMO QUEDOU O TRABALLO.
O verán pasou e despois de tantas semanas sen acompañamento a natureza seguiu facendo o seu traballo no noso patio. As malas herbas gañaron moito espazo e sacábanlle protagonismo ás nosas plantacións polo que decidimos entre todos facer unha limpeza xa a comezos de curso e poder adecentar polo menos as xardineiras da fachada principal e os bancais do horto.
Colaborou desta vez o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e en pouco tempo fixeron un traballo fantástico.
MOITAS GRAZAS!!
Comezamos o curso cunha visita importante. O pasado venres 10 de setembro visitáronnos Ángela e Mariña, dúas colaboradoras da ONG Stop Accidentes. Como o seu nome indica traballan na atención a persoas que foron víctimas dun accidente de tráfico pero tamén se esforzan por concienciar á cidadanía en xeral da importancia de acadar bos hábitos de RESPECTO aos demais como usuarios da vía pública.
Mellorar a nosa CONVIVENCIA e coñecer algunha das NORMAS básicas foi o que nos deixaron ese día.
MOITAS GRAZAS pola visita!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »