Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
información básica da adaptación das programacións didácticas
Unha vez publicadas as Instrucións do 27 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, informamos do seguinte:
- As actividades lectivas do curso escolar seguirán ata a data prevista para o seu final.
- O profesorado revisará as programacións didácticas para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberá desenvolver o alum nado. Estas actividades poderán ser de recuperación, repaso, reforzo ou ampliación. Tamén adaptará os criterios de av aliación e cualificación, que se realizará sobre as aprendizaxes desenvolvidas durante os dous primeiros trimestres do curso, así como as actividades de reforzo, recuperación ou ampliación do terceiro trimestre sempre e cando beneficie ao alumnado. A adaptación de cada programación estará á súa disposición a partir do día 13 de maio.
- A avaliación final ordinaria terá lugar unha vez finalizadas as actividades lectivas. O centro estableceu un procedemento para o cálculo da cualificación final que se consignará na avaliación ordinaria. Decidimos que:
A avaliación ordinaria sería a media da 1ª e da 2ª avaliación. A isto habería que sumarlle o resultado da 3ª, no caso de ser positivo.
A avaliación do 3º trimestre será:
- Realización con avaliación positiva de máis do 70% das actividades propostas _Sería susceptible de subir a nota media.
- Realización de entre o 50 ao 70% das propostas con distintas valoracións_Seguiría igual a nota pero non tería programa de reforzo.
- Realización de menos do 50% das propostas_Programa de reforzo para xuño, o verán ou o vindeiro curso.
- A promoción de curso será a norma xeral, considerándose a repetición de curso una medida moi excepcional, que non poderá estar baseada unicamente no número de materias non superadas, e deberá estar solidamente argumentada e acompañada dun plan preciso de recuperación para cada alumno ou alumna.