Blogues

"APRENDEMOS EN CASA"

Enviado por admin-contidos o Dom, 22/03/2020 - 18:29

 

Con motivo da crise do coronavirus o Ministerio de Educación e FP e RTVE lanzan 'Aprendemos en casa' para facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado durante a suspensión de clases presenciais. Esta programación ponse  en marcha a partir do luns 23 de marzo.

Trátase dunha programación especial de cinco horas diarias de contidos educativos que se emitirá en aberto durante as mañás, de luns a venres, en Clan TV e na 2 de TVE.

Esta nova programación trata de ser unha axuda  para os menores e as súas familias. Así, ademais de incluír contidos relacionados coas áreas de coñecemento, traballará competencias emocionais para mellorar a convivencia familiar e facer máis eficaz e ameno o proceso educativo. Cada bloque temático incluirá contidos que reforcen a actividade 

A parrilla da programación é:                                                                                     

Para máis información podedes clicar no siguinte enlace do Ministerio. (Preme na Imaxe "aprendemos en casa)

PODES ACCEDER AOS VÍDEOS EDUCATIVOS EN EduClan (Preme na imaxe) ou ben no canal TV de Clan televisión.

 

 

( categories: )

"DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA"

Enviado por admin-contidos o Mér, 19/02/2020 - 20:00

5º e 6º de primaria levan a cabo un obradoiro no VERBUM para conmemorar o "Día da muller e a nena na ciencia"

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 70/474/Add.2 de 2015, decidiu proclamar o 11 de febreiro de cada ano (11 de febreiro.org) Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para realizar os Obxectivos de Desnvolvemento Sostible, incluídos na Axenda 2030. Nos últimos 15 anos, a comunidade internacional fixo un gran esforzo inspirando e promovendo a participación das mulleres e as nenas na ciencia. Desafortunadamente, elas seguen enfrontándose a barreiras que lles impiden participar plenamente nesta disciplina. De acordo cun estudo realizado en 14 países, a probabilidade de que as estudantes rematen unha licenciatura, unha mestría e un doutoramento nalgunha materia relacionada coa ciencia é do 18%, 8% e 2%, respectivamente, mentres que a probabilidade para os estudantes masculinos é do 37%, 18% e 6%.  Para saber máis preme en calquera das imaxes e accederás ao blog de 5º/6º.

        

 

50 ANIVERSARIO

Enviado por admin-contidos o Sáb, 29/06/2019 - 19:53

 

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS  OS QUE FIXESTES POSIBLE ESTE 50 ANIVERSARIO!!!

EN BREVE AS FOTOS DO DÍA DA FESTA DO 22 DE XUÑO.

O NOSO CENTRO «VIGUÉS DISTINGUIDO 2019»

Enviado por admin-contidos o Mér, 27/03/2019 - 20:00

 Onte pola tarde pasadas as 20 horas, nunha gala celebrada no Teatro García Barbón "Vigo rendiu tributo aos seus novos héroes, aos do ano 2019: medicos, colexios, artistas, taxistas e institucions. Os galardonados simbolizan o potencial dunha cidade que cada 28 de marzo conmemora e recorda ao mundo que as súas xentes foron as primeiras en doblegar ao exército de Napoleón".

Son palabras recollidas hoxe no Metropolitano.gal, e que poderedes seguir lendo premendo no vínculo para saber máis deste acto, no que o CEIP P. CARBALLAL-CABRAL foi galardonado xunto a outros 28 centros educativos no curso no que conmemoramos todos os 50 anos de actividade educativa.

O noso galardón foi recollido pola nosa directora Mª Dolores Martínez González de mans do noso alcalde Abel Caballero

 
   
   
   

Guía de Apoio ao Estudo

Enviado por Secretaría o Mér, 23/01/2019 - 10:01

( categories: )

Impresos centro

Enviado por Secretaría o Dom, 09/09/2018 - 06:16
  • IMPRESO ACTUALIZACIÓN DATOS FAMILIA-ALUMNADO
  • IMPRESO "NON ASISTENCIA A CLASE"
  • IMPRESO SOLICITAR CITA CON ..

 

Para descargar calquera dos impresos clicar nos adxuntos

( categories: )

NOF PARA AS FAMILIAS

Enviado por Secretaría o Mar, 06/03/2018 - 04:38

( categories: )

NOF PARA AS FAMILIAS

Enviado por admin-contidos o Mar, 06/03/2018 - 04:36

Distribuir contido