Blogues

OBRADOIRO "Augas de Galicia"

Enviado por admin-contidos o Xov, 29/02/2024 - 20:00

O alumnado de Primaria realizou ao longo da mañá do 15 de marzo o obradoiroAugas de Galicia”, con diferente grao de afondamento na materia segundo o seu nivel.

Despois de presentarse a monitora, a temática a tratar e as normas de participación, visionáronse varios vídeos sobre o río e as inundacións. Tiveron información dos seus perxuícios, beneficios e das medidas de prevención que hai que tomar para afrontalas e evitar danos. Afondouse tamén no coñecemento da natureza do río e repasáronse algúns dos contidos curriculares relacionados con el. A continuación realizouse un experimente para amosar a importancia da vexetación cando hai inundacións e rematouse cun sinxelo concurso para comprobar a atención prestada. 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Enviado por admin-contidos o Mar, 27/02/2024 - 20:00
Conmemoramos o 8 de marzoDÍA INTERNACIONAL da MULLER, levando a cabo no centro unha serie de actividades que culminaron coa exposición dos traballos realizados e a celebración dunha xornada de concurso e xogos. Todo isto, coma sempre, na procura de lograr a participación plena da muller na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoa, en pé de igualdade co home.

+ CIENCIA

Enviado por admin-contidos o Dom, 25/02/2024 - 20:00

O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este día foi aprobado poa Asamblea Xeral das Nacions Unidas co obxectivo de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ter presente de que elas desempeñan un papel fundamental na ciencia e a tecnoloxía e que a súa participación debe fortalecerse.

Con este motivo, e dentro do que está establecido no noso PEC (Proxecto Educativo de Centro), os pasados 26 e 28 de febreiro levamos a cabo unhas charlas educativas dirixidas a promover e espertar especialmente entre as nenas e tamén entre o resto do alumnado de Primaria a curiosidade pola ciencia.

Foi impartido pola Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo.

A NOVA AULA SENSORIAL

Enviado por admin-contidos o Sáb, 24/02/2024 - 20:00

No mes de febreiro irauguramos unha nova aula no COLE: a "AULA SENSORIAL". 

Moi diferente ás demáis aulas, trátase dun espazo que habilitamos e dotamos con mobiliario especializado na que era a aula de Audición e Linguaxe, por ter a necesidade dun lugar para que todo o alumnado poda despertar os sentidos dunha maneira máis aguda e interactuar co medio, dentro dun entorno máis favorecedor.

Semana de ROSALÍA de CASTRO

Enviado por admin-contidos o Xov, 22/02/2024 - 20:00

Pola celebración este curso do 187 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, realizamos como todos os anos unha serie de actividades durante a semana que culminan no día 23 de febreiro. Durante esa semana o alumnado é coñecedor e partícipe da súa vida, obra, e da importancia e relevancia que ten para as nosas letras e a reivindicación da cultura e da lingua gallegas. E como non tamén, como loitadora polo dereito das mulleres a expresar libremente os seus pensamentos e sentimentos. 

Obradoiro de cociña coa Asociación Cultural "O COTO".

Enviado por admin-contidos o Mér, 07/02/2024 - 20:00

O día 8 de febreiro levamos a cabo unha vez máis e grazas a colaboración coa Asociación Cultural "O COTO", unha nova xornada gastronómica coa celebración dun obradoiro de cociña no que aprendimos a elaborar as típicas filloas. Todo o alumnado participou na súa preparación baixo a dirección de dúas estupendas cociñeiras da Asociación, e puidemos tamén degustar o produto elaborado por todos os grupos. Tamén aproveitamos a mañá para confeccionar o cartel do "photocall" para o Festival de Entroido.

Camiña con NÓS pola IGUALDADE!

Enviado por admin-contidos o Mar, 16/01/2024 - 20:00

A comezos de febreiro tivo lugar, unha vez máis, a celebración de talleres sobre a IGUALDADE, nos que participaron o alumnado de 6º de Infantil e dos cursos pares de Primaria:

                                Ed. Infantil: "TI + EU = IGUAIS"

                    2º Ed. Primaria: "E ti... que queres ser de maior?"

                    4º Ed. Primaria: "Dixigualdade"

                    6º Ed. Primaria: "Ben querer 2.0"

AVISO IMPORTANTE: SECRETARIA

Enviado por admin o Lun, 15/01/2024 - 20:00
 
Reserva de praza para cursar 1º ESO no IES CARLOS CASARES
 
Dende o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro (ambos incluídos) está aberto o prazo de reserva de praza no centro adscrito IES CARLOS CASARES. Polo que, é necesario que presentedes a solicitude no caso de que os/as vosos/as fillos/as vaian cursar 1º da ESO en dito centro, durante o vindeiro curso escolar 24/25.
 
Podedes facelo dunha das seguintes formas:
 
- Presentación electrónica a través da aplicación  informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), cubrindo o modelo ED550A e o Anexo I-bis. Para elo, é necesario que dispoñades de certificado de identidade e sinatura dixital ou Chave365.
 
- Presentación presencial na secretaría do noso centro. Neste caso, podedes solicitarnos a documentación a cubrir ou ben descargala na aplicación admisionalumnado e imprimila.
 
 

INFORMACIÓN DA SITUACIÓN DE MANTEMENTO DOS COLEXIOS DE VIGO

Enviado por admin-contidos o Dom, 10/12/2023 - 20:00

INFORME DA SITUACIÓN DOS CENTROS EDUCATIVOS

DE INFANTIL E PRIMARIA DA CIDADE DE VIGO

 

 Prezadas familias:

 

A Asociación de Directoras e Directores de Colexios Públicos de Vigo (ADICOPUVI)  e a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais (FOANPAS) queremos facervos chegar a seguinte e importante información:

  

Dende hai varios anos e xa antes da pandemia mantivemos reunións coas autoridades responsables en materia de mantemento, conservación e novas obras  (Concellería de Educación, Alcaldía e Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra) co obxecto de dar a coñecer o estado de deterioro das instalacións públicas nos que día a día cerca de 5.000 estudiantes dos centros educativos de infantil, primaria e educación especial desenvolven a súa vida académica e social.

  

Esta situación de déficit concrétase en deficiencias ambientais, eléctricas, de ventilación e climatización, de peche de recintos, de baños con falta de salubridad, caldeiras anticuadas e con avarías constantes, comedores con escaso espazo, de espazos axardinados sen mantemento, etcétera. En todas as reunións mantidas e incluso  en estudos de auditoría realizados dende o propio Concello, confírmase esta realidade, ao mesmo tempo, que se comprometen accións que non se materializan e que fan aumentar, curso tras curso, as carencias nomeadas ou se proxecta a solución desta problemática en convenios entre Administracións que nunca chegan por falta de acordos conxuntos entre as mesmas. As condicións ambientais de traballo educativo e profesional están moi por debaixo da normativa de Saúde Laboral en canto a factores como temperatura, iluminación ,ventilación e insonorización.  A antigüidade dos centros educativos de Vigo, en moitos casos con máis de corenta anos de vida, non cumpre na maioría dos casos cuns estándares de confortabilidade axeitados para o desenvolvemento dos nenos e nenas da cidade en pleno século XXI.

  

Entre os temas que están a causar malestar entre as comunidades educativas ( equipos directivos, equipos docentes, familias e ANPAS) está a pésima e xa permanente xestión dos porteiros vixiantes dos centros escolares, unha figura histórica  e integrada na vida dos centros que dotaba de autonomía á vida dos edificios escolares no seu mantemento, seguridade e coidado. A día de hoxe son arredor de 28 dos 49 centros escolares os que non teñen cuberta esta importante praza e abocan aos centros a solventar con precariedade as súas tarefas diarias, proxectando unha imaxe de abandono e inseguridade. Os equipos directivos e os equipos educativos dos centros está a realizar tarefas de apertura, peche e vixilancia e tarefas complementarias que son competencia municipal, como así o reflexan os diferentes regulamentos educativos e  administrativos. Este incumprimento provoca situacións complicadas , conflictivas  e de seguridade en distintos momentos escolares: entradas, saídas, chegada e recollida de alumnado, etcétera.

  

Dos citados 49 centros educativos de Ed. Infantil e Primaria Vigo, 21 contan con persoal municipal adscrito con carácter de fixos (oficiais de mantemento ou porteiros vixiantes)  mentres nos outros 28 veñen sendo nomeados por periodos de seis meses traballadores de xeito provisional dende fai uns dez anos aproximadamente. Nos últimos anos os centros teñen estado sen este persoal durante  longos periodos de tempo entre contratación e contratación ou por falta de efectivos para cubrir baixas de longa duración.  O devenir do tempo e a falta dunha programación clara para o  mantemento e a conservación das instalacións escolares ocasionan a diario un importante número de incidencias que precisan de pequenas intervencións para facilitar a vida diaria nos centros. As avarias frecuentes na fontaneria, instalacións electricas, na carpintería, ou o abandono das zonas axardinadas, rotura de cristais, etcétera, tardan en solucionarse o mesmamente seguen sen resolverse. Os gastos por mantemento duplican, en moitas ocasións, os orzamentos de autoxestión otorgados polo Concello anualmente aos centros.  Esta situación de ausencia dos porteiros vixiantes provoca grandes desigualdade entre centros educativos e en consecuencia a coexistencia entre cidadáns de primeira e cidadáns de segunda.

  

A actual proposta do Concello de Vigo ante esta situación foi presentada aos medios o luns 27 de novembro e concrétase nun futuro servizo de mantemento externalizado de mantemento  que non solventa as necesidades dos centros e aboca aos  mesmoa un modelo de xestión de carestía, inseguridade e desatención dos lugares onde crecen os futuros e futuras cidadás da nosa cidade. O proceso de licitación desta proposta non contou co diálogo e o consenso dos equipos directivos e da representación das familias, o que demostra unha actitude de escaso respecto e  transparencia  institucional.

  

Dende  ADICOPUVI e FOANPAS demandamos do noso Concello unha intervención inminente nos edificios escolares, con orzamentos realistas e dialogando con todas as Administracións unha mellora definitiva, viable e moderna. A igualdade, a equidade necesita  dunha excelencia nas contornas escolares, que hoxe non temos.

  

O vindeiro martes, 5 de decembro, dende FOANPAS e ADICOPUVI presentaremos aos medios de comunicación as nosas demandas na espera dunha solución institucional positiva e coherente.

 

Agradecemos a todas as familias a vosa comprensión e colaboración na defensa da semente de igualdade social que nace e crece na escola pública.

As MOCHILAS VIAXEIRAS!

Enviado por admin-contidos o Sáb, 09/12/2023 - 20:00
Iniciamos este curso escolar o programa das MOCHILAS VIAXEIRAS da BIBLIOTECA. Con elas, o alumnado poderá disfrutar coas súas familias ata final de curso entre outras cousas, da lectura das distintas historias que leva cada unha delas.
Distribuir contido