PROCEDEMENTO ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2024-2025
Prazo de solicitude:
- Do 1 de marzo ao 20 de marzo (inclusive)
Horario:
- 9:15 - 14:00 Lúns a Venres.
- 16:30 - 18:00 Martes
Criterio do centro:
- Sumarán un punto máis aquelas solicitudes que obteñan a máxima puntuación no criterio de domicilio familiar dentro da área de influencia do centro. (De selo caso teredes que indicalo no apartado de criterios)
Onde presentar a solicitude
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
-
Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro. -
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR E CONSENTIMENTO DO PROXENITOR/A, de selo caso, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación). -
Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
Documentación a presentar coa solicitude .
- Documento acreditativo do alumno (Fotocopia do DNI, Libro de Familiar, NIE, Pasaporte....)
- Fotocopia do DNI, Libro de Familiar, NIE, Pasaporte, do (Pai, nai, o titor legal).
**** Se existen mais solicitudes que prazas, dará comezo a baremación dos criterios alegados na solicitude e abrirase un prazo de 10 días para a entrega da documentación correspondente.
Información para as familias.
Normativa relacionada.
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550B)
- Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
NOVAS SOBRE A RESERVA DA 1º ESO NO IES EDUARDO PONDAL PARA O CURSO 2024-2025
Estimadas familias: Segundo as novas recibidas, todo o alumnado de 6º Primaria que presentou a solicitude de reserva para cursar 1º ESO no vindeiro curso 2024-2025 foi admitido no IES Eduardo Pondal.
Terán que facer a matrícula no período de xuño-xullo.
Para calquera aclaración ou dúbida rogamos se dirixan ao IES Eduardo Pondal.
Administración.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
OFERTA PROVISIONAL DE VACANTES PARA O CURSO 2024-2025
Oferta provisional de vacantes para o próximo curso escolar 2024-2025.
-
CURSO
Prazas Apoio Educativo
PRAZAS
4º EI (3anos)
9
40
5º EI (4 anos)
0
6º EI (5 anos)
0
1º EP
6
0
2º EP
0
3º EP
0
4º EP
0
5º EP
9
6º EP
0
NOFC. NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO.
Publicación da NOFC (Normas de organización e funcionamento do centro)
Despois de ser aprobado:
- Claustro o 30 de xaneiro de 2024
- Consello Escolar o 31 de xaneiro de 2004.
Publicase na páxina a nova NOFC.
CALENDARIO PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO SOSTIDO CON FONDOS PUBLICOS.
Procedemento ED550A.
RESERVA DE PRAZA en centro docente sostido con fondos públicos.(SOAMENTE E VÁLIDO PARA A RESERVA NO IES EDUARDO PONDAL)
Prazo
15/01/2024 - 05/02/2024
O prazo de presentación de solicitudes de reserva (ED550A) comprende entre os días 15 de xaneiro e 5 de febreiro (ambos incluídos).
Lugar de presentación de solicitudes.
- Preferentemente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
- No portal educativo no enderezo http://www.edu.xunta.gal
- No centro educativo CEIP P. Cardeal Quiroga Palacios
Documentación para a presentación
- Solicitude segundo o Anexo I da Orde.
- Anexo I-bis (Comprobación de datos e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora).
- Documento acreditativo da representación, de selo caso.
- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento, de selo caso.
Comprobación de datos .
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.
- DNI/NIE da persoa solicitante.
- DNI/NIE da persoa representante
Formularios .
INCIDENCIA
Por mor da tormenta, o centro está incomunicado , non funcionan os telefonos nin o timbre exterior.
Sentimos as molestias.
PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN DE NADAL 2023
Información as familias e anpas.
Inscrición no Programa de conciliación Nadal 2023
PRAZO E INSCRICIÓN
➢ Abrirase un prazo de inscrición e matrícula entre os días 31 de outubro e o 9 de novembro de 2023 (ambos os dous incluídos).
➢ As solicitudes presentaranse segundo modelo normalizado ben por medios electrónico;
- De xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende, 4) ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
- A través da sede electrónica do Concello de Santiago https://sede.santiagodecompostela.gal/ escollerase o trámite “Inscrición nos programas de conciliación do Departamento de Educación” dentro do catálogo de trámites.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »