Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       
Outros traballos, celebracións e saídas

ABRACADABRA...CHEGOU A MAXIA!!!!

Todo preprarado para que dé comezo o espectáculo!!!!

Ábrese o telón e aparece un mago. As nosas caras eran de total expectación...

Sacaba moedas das nosas orellas, facía desaparecer pañuelos de cores, arrancaba pelos e convertíaos en moedas...

Pero o máis impresionante foi cando sacou dúas pombas dun pañuelo...

Aquí escoitouse un" OHHHHHHHHHHHHHHHHHH..."

E quedamos coa boca aberta...Pero aberta de par en par. 

Entón aplaudímoslle moito...

Coma todos os magos, necesitou axudantes...

Mirade que caras cando ao abrir a man apareceron unha morea de bolas de cores...

Ou cando a pobre Cris tivo que suxeitar todo aquel mundo de cousas...

Ou cando a Lara lle tocou meter aquelas agullas polos  da caixa sin tocarlle ao globo que estaba dentro...

Pero houbo moito máis...

E, daquela caixiña tan pequena sacou una variña máxica xigante

E aquí rematou o espectáculo...unha mágoa porque poderiamos estar vendo maxia toda a mañá...

Porque a maxia é o que ten...E, o que ten maxia non necesita trucos...

Ata a próxima!!!!!!!!

2016-2017 FESTIVAL DE NADAL

 SEÑORAS E SEÑORES...NENAS E NENOS...PAPÁS E MAMÁS...AVÓS E AVOAS...

A continuación: O festival de Nadal en imaxes...

 BO NADAL A TOD@S!!!!!!!!!!!!!!!!!!

AS CABAZAS MÁIS CABAZAS DE TODAS AS CABAZAS!!!!!!!!!

O Samaín deste curso veu cargado de cabazas!!!

Para que vexades as incribles obras de arte que nos chegaron ao cole, achegámosvos un recopilatorio fotográfico das mesmas.

E os premios foron para os creadores das cabazas máis orixinais...

Noraboa a tod@s!!!

(2015/2016) Vídeo de saludo al colegio Pedro Antonio Cerviño (Buenos Aires - Argentina)

Vídeo grabado por los alumnos y alumnas del centro, para sus compañeiros y compañeras del Colegio Pedro Antonio Cerviño de Buenos Aires, Argentina.
 
(2014-2015) Investigamos para deseñar, crear e pintar un mural na aula de usos múltiples

Dentro do seminario "traballando con proxectos de traballo", do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) que tivo lugar no noso centro neste curso; levamos a cabo unha serie de investigacións nas aulas sobre o arte.

O producto final desas investigacións sería deseñar e pintar un mural na aula de Usos Múltiples do centro.

E así o fixemos ó longo de varias semanas. Podes ver o proceso máis detallado nos blogues das diferentes aulas aulas do centro.

Podes ver os diferentes proxectos de traballo e investigación, xunto con outras tarefas levadas a cabo nas aulas, o proceso de pintado do mural, e o resultado final, desde aquí.

Tamén podes ver as UDIs deseñadas e que puxemos en práctica nas diferentes aulas desde aquí.

(2014-2015) Saída a Pontevedra: teatro e exposición fotográfica

O pasado 17 de novembro saímos ata Pontevedra o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º para acudir a unha obra de teatro e unha exposición fotográfica.

A obriña foi "Antía, Wamba e o regato pequeno".

Ao sair dela só tivemos que cruzar a rúa para poder desfrutar dunha magnífica exposición fotográfica!

Nela recollíanse as mellores fotos sobre a natureza do ano. O primeiro premio levouno a seguinte:

Aínda que había para algún de nós algunha outra máis bonita...

Por exemplo:

Ao remate participamos nun pequeno taller.

E de regreso para o cole, agardando pronto voltar a facer outra saída tan completiña e interesante como esta!

(2014-2015) A importancia da reciclaxe

 O pasado luns asistimos no noso centro a unha charla sobre a Reciclaxe.

Na aula de informática estábanos agardando Manuel, traballador do grupo Soil que se dedica ao tratamento do material de refugallo.

Estivemos moi atentos a todo o que nos ía contando e participamos tamén cos nosos coñecementos sobre o tema.

A cada neno deixounos un pequeno agasallo: Un lápiz feito reciclando caixas dos cds e caramelos!

Para o cole tamén deixará algo que chegará o próximo mes : uns contenedores novos para poñer dentro do colexio.

Os mércores virán sempre a recoller o contedor de envases do noso concello e estará moi atento a ver se cada vez reciclamos máis e mellor.

Polo momento... xa o martes fomos a baleirar os provisionais que temos no noso corredor ata os que hai na entrada do noso centro.

Agora solo agardamos a que nos envíen os contenedores que nos prometeron para...

-xuntar aínda máis e....

-reciclar aínda mellor! 

(2013-2014) Así foi a xornada de portas abertas "Descubrindo a prehistoria"

Podes atopar información dos pasos previos sobre este proxecto de centro nas seguintes ligazóns:

(2013-2014) Preparando a xornada monográfica sobre a prehistoria no centro

(2013-2014) Así investigamos nas aulas sobre a prehistoria

(2013-2014) Planificamo-la xornada de portas abertas sobre a prehistoria.

(2013-2014) Preparamo-las exposicións da xornada de portas abertas "descubrindo a prehistoria" 

O día 19 de xuño, tras remitir as correspondentes invitacións ás familias días antes, comezamos a recibir ás familias que querían participar na nosa xornada de portas abertas "Descubrindo a prehistoria".

PLANIFICACIÓN DA VISITA POLAS EXPOSICIÓNS:

Debido ó gran interese que espertou tivemos que organizar catro grupos de visitas, cada un deles "dirixido" por dous guías: un compañeiro e unha compañeira de quinto e sexto curso.

Os guías foron levando ó seu grupo polas diferentes exposicións do centro, onde os estaban agardando os representantes e portavoces dos diferentes grupos para explicarlles o seu traballo, e contarlles todo o que descubrian a plasmaran nas súas exposicións. 

Finalmente, tras visitar tódalas exposicións, participaron nunha serie de actos na sala de usos múltiples, asistindo a un debate, unha ponencia, unha charla-coloquio e dúas actuacións teatrais... todo elo a cargo de diferentes cursos do centro.

Se queres coñecer todo resultou todo esto... podes facelo de seguido.

SEGUNDO ANDAR:

As exposicións en recibir ós primeiros grupos de visitantes foron as do segundo andar.

Visitando a Galería Altamira

Charla sobre a arte ruprestre na aula de terceiro curso.

Exposición sobre a prehistoria en cuarto curso:

Descubrindo o lume, a cargo dos compañeiros e compañeiras de segundo curso.

Contos prehistóricos dos de primeiro.

Rematada a visita polo segundo andar, os guías dirixiron ós seus grupos ó primeiro andar onde continuaban as diferentes exposicións.

PRIMEIRO ANDAR:

Glosario prehistórico na aula de P.T.

Charla-exposición sobre os instrumentos na prehistoria, da aula de música.

Charla sobre a prehistoria e as ferramentas que empregaban na aula de quinto curso.

Charla sobre a vida na prehistoria na coba "exposición" de sexto curso.

Visitando o museo dos petroglifos de infantil.

Con demostración práctica do uso dos códigos QR

Rematada a visita polas diferentes exposicións do primeiro andar, invitamos a cada grupo de visitantes a participar nos actos que se desenvolvían na sala de usos múltiples.ç

SALA DE CONFERENCIAS E ARTE DRAMÁTICO: "USOS MÚLTIPLES".

Representación teatral: a vida na prehistoria, descubrindo a música, a cargo dos compañeiros e compañeiras de sexto.

Representación teatral: Stonehenge da aula de inglés.

Conferencia: "Descubrindo os petroglifos do mundo", a cargo dos compañeiros e compañeiras de  de Infantil

Con "documentais" sobre o que sabían antes de comezar a investigar [ver vídeo] e o que sabemos agora [ver vídeo]

E unha exposición sobre os petroglifos que hai no mundo e que descubriron na súa investigación.

Charla coloquio: "Os ritos funerarios na prehistoria", dos de quinto curso e organizado pola mestra de relixión católica.

Deste xeito rematamos a nosa xornada de portas abertas "Descubrindo a prehistoria", lembra que podes continuar a visitala no noso centro.

Podes ver, facendo click na seguinte imaxe, as reportaxes que apreceron na prensa sobre esta xornada de portas abertas.

En nome dos mestres e mestras do centro, así como do alumnado do mesmo, queremos agradecer a colaboración das familias tanto no proceso de investigación e preparación da exposición, como pola súa asistencia esta experiencia. 

(2013-2014) Preparámo-las exposicións da xornada de portas abertas "descubrindo a prehistoria"

Podes atopar información dos pasos previos sobre este proxecto de centro nas seguintes ligazóns:

(2013-2014) Preparando a xornada monográfica sobre a prehistoria no centro

(2013-2014) Así investigamos nas aulas sobre a prehistoria

(2013-2014) Planificámo-la xornada de portas abertas sobre a prehistoria.

O 19 de xuño ía ter lugar no centro unha xornada de portas abertas que, baixo o nome "Descubrindo a prehistoria", ía ser o producto final dos diferentes proxectos de investigación que sobre o tema se estiveron a desenvolver nas aulas dos noso centro. 

Lembra que nos recantos dos diferentes cursos da web atoparás máis información sobre todo este proceso de investigación.

Nas semanas previas, e xa cos descubrimentos que fixemos nas aulas, adicámonos a preparar as diferentes exposicións polos corredores e aulas así como as actuacións que terían lugar na sala de usos múltiples.

Ademáis tamén tivemos que decidir dentro de cada grupo quen e como faría de guía de cada exposición e que contaría en cada caso.

No andar superior os compañeiros e compañeiras de 3º e  4º, que investigaran sobre a pintura rupestre crearon a súa "Galería Altamira"

Incluíndo tamén unha recreación dun poboado prehistórico

Os compañeiros e compañeiras de primeiro prepararon os seus "contos prehistóricos".

Os compañeiros e compañeiras de segundo contáronnos como descubriron o "lume" e a "orda"

A exposición continuaba polo primeiro Andar onde un dolmen, elaborado polos compañeiros e compañeiras de 5º curso daba a benvida á zona adicada á vida na prehistoria e ás ferramentas que empregaban.

A exposición tamén continuaba dentro da aula de quinto curso.

Acompañado tamén dun glosario prehistórico creado na aula de P.T.

Na aula de sexto curso crearon unha cova onde contarnos tódolos seus descubrimentos sobre a vida na prehistoria, que posteriormente empregaron para plasmar nunha obra de teatro.

Tamén había unha zona adicada a "Stonehenge" elaborado na aula de inglés, e outra adicada "ó descubrimento da música e ós instrumentos musicais" na prehistoria a cargo da aula de música.

Os compañeiros e compañeiras de infantil, que investigaran sobre os petroglifos, convertiron o corredor nun "museo sobre os petroglifos".

Cunha exposición de reproduccións de petroglifos reais que investigaron.

E que tamén os crearon con land-art.

Ademais, na sala de usos múltiples os compañeiros de infantil, sexto e quinto prepararon as súas presentacións e actuacións, que formarían parte da visita guíada para pais e nais o día da xornada de portas abertas.

Se queredes ver que tal nos foi nesa xornada podes velo na seguinte entrada.

28/06/14: (2013-2014) Así foi a xornada de portas abertas "Descubrindo a prehistoria".

(2013-2014) Organizando a xornada monográfica sobre a prehistoria no centro

A medida que imos descubrindo novos aspectos sobre a Prehistoria, a través da posta en práctica de proxectos de traballo nas aula, estamos a preparar o obxectivo final das nosas investigacións... a organización dunha xornada monográfica adicada á "Prehistoria" no centro.
Entre tódolos cursos participantes elaboramos este cartel anunciador da nosa investigación. 
 
Cada un dos cursos escolleu un dos homínidos da evolución humana para representalo.
 
Indicando o seu nome.
 
E o máis importante, o ámbito sobre a prehistoria no que están a investigar.
 
Deste xeito todos e todas podemos saber en que están a investigar os nosos compañeiro.
 
Cada curso será o encargado da organización dunha parte da xornada monográfica sobre a prehistoria.
En futuras entradas iremos amosándovos os preparativos que están levando a cabo cada un dos cursos de cara a xornada do 19 de xuño.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.