Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Outros traballos, celebracións e saídas

Menú do recanto

Entradas no blog do recanto
13/03/24: Pirámide da alimentación "in english"!!! (Nutriescolas)
05/03/24: NUTRIESCOLAS: plantamos hortalizas de tempada
30/01/24: NUTRIESCOLAS. Creamos menús saudables
04/02/24: VOZ NATURA. Entrevistamos a Xiana, experta en bosque atlántico
22/12/23: (2023-2024) Festival de Nadal 2023 [vídeo]
15/11/23: (2023-2024) Celebración do magosto 2023
08/07/23: (2022-2023) I Cervifest
30/05/23: (2022-2023) Excursión de 3º, 4º, 5º e 6º
24/04/23: (2022-2023) Participamos nas actividades do Salón do Libro 2023
03/04/23: (2022-2023) Plantacións ecolóxicas
30/03/23: Estreamos rocódromo no colexio!!!!
23/12/22: (2022-2023) Festival de Nadal 2023 [vídeo completo]
13/12/22: (2022-2023) Campo a través 2022
29/11/22: (2022-2023) Celebramos o magosto
07/06/22: (2021-2022) Así foi a nosa visita a Santiago de Compostela, para visitar a catedral e xogar en Diviert-Park
27/05/22: 2021-2022 VISITA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO
09/04/22: (2021-2022) Ruta de sendeirismo polo día Mundial da Actividade Física
06/04/22: (2021-2022) Benestar emocional: IOGA para todos/as
06/04/22: (2021-2022) Eu, móvome. E ti?
11/03/22: (2021-2022) Visita do Real Club de Piragüismo de Pollença
30/10/22: (2021-2022) Novas tecnoloxías para alumnado e familias
07/03/22: (2021-2022) Obradoiro "Fai clic ao teu bocata"
13/03/22: (2021-2022) Plantacións no invernadoiro 2022
31/01/22: (2021-2022) Celebramos o Día da Paz e a non violencia 2022. Queres ver o que fixemos?
14/01/22: (2021-2022) Plantamos árbores froiteiras
21/12/21: (2021-2022) Festival de Nadal 2021 - ONLINE
19/11/21: (2020-2021) Taller "Ti si que es un bo peixe"
19/11/21: (2021-2022) Magosto 2021 en San Antonio
22/12/20: (2020-2021) Xa podes ver o Festival de Nadal 2020 - ONLINE.
05/03/20: (2019-2020) Visita á Lonxa e Praza de Abastos de Portonovo
26/02/22: (2019-2020) [VÍDEO] Festival de Nadal 2019 e Entroido 2029
13/03/22: (2018-2019) Así nos foi na gran competición robótica deste curso
30/04/19: (2018-2019) Visita á exposición de Paneis sobre a Igualdade de xénero no Concello
11/11/18: (2018-2019) Teatro "De los cuentos a las cuentas" e visita a Lourizán
31/10/18: (2018-2019) Celebramos o Magosto!!!
26/02/18: (2017/2018 ) ROSALIA
21/02/20: (2017-2018) UN ENTROIDO DE CINE
20/02/18: (2017-2018) Creamos un lazo dourado xigante para a asociación "Bicos de papel"
16/03/17: ABRACADABRA...CHEGOU A MAXIA!!!!
02/01/17: 2016-2017 FESTIVAL DE NADAL
07/09/17: AS CABAZAS MÁIS CABAZAS DE TODAS AS CABAZAS!!!!!!!!!
13/03/22: (2015/2016) Vídeo de saludo al colegio Pedro Antonio Cerviño (Buenos Aires - Argentina)
13/03/22: (2014-2015) Investigamos para deseñar, crear e pintar un mural na aula de usos múltiples
04/12/14: (2014-2015) Saída a Pontevedra: teatro e exposición fotográfica
06/11/14: (2014-2015) A importancia da reciclaxe
13/03/22: (2013-2014) Así foi a xornada de portas abertas "Descubrindo a prehistoria"
13/03/22: (2013-2014) Preparámo-las exposicións da xornada de portas abertas "descubrindo a prehistoria"
13/03/22: (2013-2014) Organizando a xornada monográfica sobre a prehistoria no centro
19/12/13: BO NADAL
15/06/13: (2012-2013) Visitamos o museo Marco de Vigo, Indiana Bill e o castelo de Soutomaior
01/07/13: (2012-2013) Saímos de excursión a A Coruña
19/03/12: Día Internacional das Mulleres 2.012
22/02/12: Visita ó observatorio de Forcarei: saímos no xornal
04/02/12: Canción para o día da paz
27/06/11: (2010-2011) Despedimos ós de sexto e a algúns mestres/as
16/07/19: Menú do recanto

Pirámide da alimentación "in english"!!! (Nutriescolas)

Os nenos e nenas de 3º e 4º estiveron a traballar nunha pirámide da alimentación na clase de inglés, pero non só ca intención de aprender vocabulario novo, senón ca finalidade de recordar que alimentos son saudables e cales debemos evitar. 

Deixamos unhas fotos de todo o preceso.

Bo traballo!!!

NUTRIESCOLAS: plantamos hortalizas de tempada

Este ano, ao igual que anos anteriores, retomamos as plantacións no invernadoiro ca finalidade de fomentar os hábitos alimenticios saudables dentro do programa NUTRIESCOLAS.

Había que organizarse e seguir os pasos para que plantación saíse segundo o esperado. Os pasos que seguimos foron:

1º paso: limpar o invernadoiro e vaciar os bancais

2º paso: coller humus do composteiro comunitario, posto que no colexio non tiñamos suficiente

3º paso: trasladar o composteiro do colexio para telo máis preto do invernadoiro

4º paso: xa estamos preparador para renovar os bancais de terra e humus

5º paso: cos bancais listos para plantar, asignamos as diferentes hortalizas a cada clase. 

  • Infantil: cebolas
  • 1º e 2º: cenorias e amorodos
  • 3º e 4º: ravos (ou rábanos) e pementos de Padrón
  • 5º e 6º: chícharos e tomates

6º paso: regar un pouquiño tódolos dias e a arrincar as malas herbas!

7º paso: estar preparados para a colleita

8º paso: elaborar ricas receitas cos produtos!

NUTRIESCOLAS. Creamos menús saudables

Este curso estamos particiando nun proxecto sobre hábitos alimenticios saudables chamado Nutriescolas. Este proxecto ten por obxectivo a adquisición de hábitos alimentarios saudables no alumnado de educación infantil e primaria

Polo tanto o que buscamos é que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados e desenvolva as competencias necesarias para facer eleccións saudables no futuro. Para acadar estes obxectivos, animamos ao alumnado a crear os seus propios menús, a valorar o noso patrimonio alimentario tradicional e a reflexionar sobre os beneficios e danos dunha determinada alimentación.

Para iso, cada semana imos crear un menú saudable. Aí van os dous primeiros:

VOZ NATURA. Entrevistamos a Xiana, experta en bosque atlántico

Este curso estamos a levar a cabo un proxecto sobre as "25 especies do bosque atlántico" encadrado dentro do progrma Voz Natura, un programa de educación medioambiental que busca poñer en valor o patrimonio natural e cultural da contorna na que vivimos. 

Dende o centro queremos elaborar unha plantación de bosque atlántico nunha zona próxima ao centro, co obxectivo de poñer e valor e recuperar especies autóctonas que están a desaparecer. Pero, para iso debíamos informarnos, documentarnos e preparar as preguntas para para a visita dunha experta ambiental como Xiana Albor. Algunhas das prguntas que lles fixeron foron:

Cales son as especies do bosque atlántico? Cal é a súa extensión?

Que diferenzas hai entre o bosque atlántico e o normal?

Cal é a fauna e flora autóctona en galego?

Que animais e plantas están extintas?

Cales son as especies invasoras?

O noso concello ten algún bosque atlántico?

Cales son os perigos aos que se enfrenta o bisque atlántico?

Cal é a súa riqueza?

Que podemos facer para recuperalo?

Despois de ter as preguntas preparadas, dirixímonos á radio escolar para entrevistar á nosa experta. Foi unha xornada moi pedagóxica, interesante e que nos vai a aportar moita información para seguir co noso proxecto.

Grazas pola visita, Xiana. Agora xa sabemos moito máis sobre o bosque atlántico!

Podes escoitar a entrevista a continuación ou no apartado "Radio O Cervo"

(2023-2024) Celebración do magosto 2023

O pasado luns 13 de novembro celebramos o magosto. Este curso non puidemos facelo en San Antonio por mor da climatoloxía, polo que tocou celebralo no centro.

Sobre as 9:00 horas da mañá, o maestro castañeiro púxose mans á obra para que todos/as puidésemos degustar ese fabuloso manxar como é a castaña asada. Mentres se facçian as castañas, dispuxémonos a preparar o circuíto de xogos populares e tradicionais que tiñamos programado para esta data.

Unha vez instalados, por cursos participaron nun circuíto de xogos populares e tradicionais moi variado. Algúns dos xogos foron "o pano", "os aros", "os zancos", "a corda" e, como non, o tan esperado "come-castañas".

Despois de dalo todo en cada xogo e participar ao máximo, había que recuperar os folgos, e que mellor maneira que con unhas castañas recén asadas aportadas polos propios nenos/as. Aínda que algunhas estaban podres e un pouco duras, enchemos bastante o bandullo. Algúns ata repetiron!

Para o ano máis!!!

Praparando as castañas que aportaron as familias

Carreira de sacos

Conducir os aros

Soga-tira

O come-castañas

Carreiras de zancos grandes e pequenos

O pano

...e por fin chegou o momento máis esperado. Cos nosos cucuruchos xa preparados, os profes foron repartindo as castañas asadas.

(2022-2023) I Cervifest

O 19 de xuño celebramos a primeira edición do Cervifest, onde o alumnado de infantil e primaria amosaron algún traballo do curso en formato vídeo. Toda a organización correu a cargo de 5º e 6º, que resultaron ser uns anfitrións excepcionais.

O alumnado de infantil contounos todo o que aprenderon nos seus proxectos.

1º e 2º tróuxonos un vídeo da súa versión do conto "Brown bear, brown bear, what do you see?" de Eric Carle que podedes ver premendo na seguinte foto.

Os de 3º e 4º fixeron un vídeo inspirado no "Peace book" de Todd Parr que nos encantou. Deixámolo enlazado na seguinte foto.

O alumnado de 5º e 6º realizaron catro curtas en grupo:

Sara, Uxía, Lara Pousa e Lois presentaron a curta "Los buenos amigos".

Nayra, Carlota, Lara Fraga e Cecilia presentaron "Mentiras".

Brais, Alicia, Joel e Úrsula presentaron "Bullying".

E Lucas, Nani e Jorge presentaron "Diversidade".

Finalmente, fixemos a entrega de premios (elaborados por nós) aos participantes.

Parabéns a tod@s polo bo traballo!

(2022-2023) Excursión de 3º, 4º, 5º e 6º

O pasado martes 23 de maio o alumnado de 3º a 6º de primaria foi de excursión á cidade da Coruña.

Logo dunha longa viaxe en autobús, chegamos á nosa primeira parada: a Casa das Ciencias. Comezamos cunha proxección no planetario, na que aprendemos moito sobre a evolución e extinción dos dinosauros, e logo ensináronnos a identificar algunhas estrelas e constelacións do ceo actual. Posteriormente baixamos a gozar das propostas científicas.

Tras merendar, collemos o autobús que nos levou á Domus. Alí aprendemos sobre o corpo humano a través de diferentes xogos e experiencias interactivas.

Tras facer unha pausa para comer e coller forzas, visitamos o acuario, onde unha guía nos foi contando moitas cousas sobre o mundo mariño.

E así rematamos unha xornada agradable e diferente que compartimos con compañeir@s e profes esta vez fóra das aulas.

Un pracer, ata a próxima!

(2022-2023) Participamos nas actividades do Salón do Libro 2023

Despois de elaborar o noso traballo, tal como xa vos contamos nunha entrada anterior e que podedes ver de seguido; chegou o día de participar nas actividades organizadas polo "Salón do Libro Infantil e xuvenil de Pontevedra".

(2022-2023) Creamos o noso "xogo-libro" para o Salón do Libro 2023. Queres velo? 

    

Para poder participar, quedaba por diante unha viaxe en autobús ata Pontevedra.

       

Fomos seguindo o mapa que fixeramos na clase, para chegar ata o salón do libro.

        

Finalmente demos chegado ao Pazo da Cultura de Pontevedra, onde nos estaba agardando unha estatua do lobo ORBIL, que sinalaba a entrada ao Salón do Libro. 

    

Alí reencontrámonos co lobo ORBIL... estabamos desexando darlle unha aperta enorme.

         

Queliña contounos unha chea de contos fantásticos, sobre animais e uns ovos misteriosos.

 

      

Antes de marchar despédimonos do mono Sabio. 

    

Unha vez rematada a sesión de conta-contos, Uxía acompañounos na visita, para ver todo o que había nas diferentes salas do Salón adicado ao "xogo" e aos "libros".

 

        

Cando rematamos a visita pola exposición, chegamos ao lugar onde estaba expostos os traballos, feitos polos compañeiros e compañeiras de tódolos colexios participantes.

        

E alí estaba, xunto aos dos demais colexios, o noso libro-xogo. Seguro que lles encantou a todos e todas.

         

Percorrimos tamén un divertido labirinto, menos mal que demos atopado a saída todos xuntos e xuntas.

       

Antes de voltar ao colexio adicamos un momento para tomar a merenda. Tiñamos tamén planeado xogar nun parque, pero por mor do mal tempo non quedou máis remedio que voltar ao Centro unha vez rematada a visita ao Salón.

   

Lembra que podes ver moitas máis fotos da nosa visita, no seguinte álbum da galería fotográfica:

Álbum (Galería fotográfica): (2022-2023) Participamos nas actividades do Salón do Libro 2023

    

Lembrade que podedes ir a visitar a exposición, ver o noso traballo e participar nas actividaes do "Salón do libro 2023", no "Pazo da Cultura de Pontevedra" desde o 21 de abril ao 7 de maio de 2023.

Tes toda a información sobre datas e horarios na web oficial: www.salondolibro.gal.

     

  

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.