Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

E.F.

Xornada de deporte escolar en Tenorio

O nosos rapaces e rapazas levaban moito tempo esperando, pero por fin comezou o deporte escolar!! 

Bonita mañá de disfrute a do pasado venres 23 de Febreiro en Tenorio, na que os nosos alumnos participaron nunha xornada de deporte escolar en colaboración cos nenos/as dese colexio. Moita participación por parte de todo o alumnado, levando sempre por diante valores como o compañeirismo, o traballo en equipo, o xogo limpo..., e como non, aprender a gañar e a perder.

Próxima parada: Forcarei!

Acrosport con 5º e 6º

Durante os meses de xaneiro e febreiro estivemos coñecendo e practicando iso do "acrosport". Era un terreo moi descoñecido para os nenos e nenas de 5º e 6º pero divertíronse, retáronse e motiváronse a medida que se lles ían propoñendo figuras cada vez máis complexas. Ao final fixeron un gran traballo.

De aquí saen auténticos ximnastas!!!

 

 

 

 

 

Recordade que podedes ves todas as foto no álbum de Acrosport. 

Traballando en E.F no primeiro trimestre

Quen dixo que en educación física non se traballa moito? Que volo conten os nenos/as de primaria!. Durante estos primeiros meses de curso estivemos a traballar unha gran variedade cousas; dende dinámicas de clase, xogos para coñecer o noso propio corpo e aprender a coidalo, xogos de equilibrio, coordinación e multitude de aspectos divertidos que lles axudaron a sentirse máis sanos, fortes e activos/as.

A continuación deixamos algunhas fotos das sesións que tivemos ao longo deste trimestre.

 

Bo Nadal a tod@s!!!

 

(2017-2018) Cross escolar 2017!

Un ano máis os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º participaron no cross escolar cos compañeiros/as doutros colexios da zona de terra de montes. Darlles a miña noraboa a todos os nenos/as por participar a pesar do mal tempo, e por acabar en moi boas posicións nas diferentes categorías. Con todo; o importante non é gañar, é participar!

Deixamos algunha que outra foto da xornada, pero recordade que as podedes ver todas no álbum do cross escolar 2017 na sección de E.F.  

(2017-2018) Xornada de xogos durante o magosto

 

O pasado venres celebramos o magosto dun xeito moi saudable e en contacto coa natureza. Fixemos unha pequena ruta de sendeirismo polo monte ata o alto de San Antonio de Penalba, xunto cunha xornada de xogos populares organizada polo alumnos/as de sexto. Aproveitar para felicitalos por tan bo traballo.

Para o ano máis!

 

 

Traballando a Expresión Corporal en 1º e 2º

Fai unhas semanas estivemos traballando a expresión corporal cos nenos/as de 1º e 2º. Ao longo das clases fomos dramatizando, representando, imitando e botando unhas cantas gargalladas cas diferentes formas expresión dos nenos e nenas.

Sen dúbida resulta un contido moi interesante e gratificante para os nosos cativos, pois axúdalles a expresar e desenrolar a súa creatividade.

Que ben o pasamos! 

Velaquí algunhas fotos das nosas sesións...

 

 

 

 

 

Deporte escolar contra Tenorio

O pasado 5 de Maio participamos na última xornada do deporte escolar. Nesta ocasión xogamos contra os compañeiros/as do colexio de Tenorio. 

Bonita mañá de práctica deportiva nun ambiente de participación, compañeirismo e xogo limpo.

Depedimos o Xogade ata o ano que vén con algunha foto da xornada.

 

 O banquillo esperando para saír a xogar...

Esta sí que é unha foto de equipo...

 Menudo equipazo!!!

 Foto de equipo cos compañeiros/as de Tenorio

Deporte escolar contra Soutelo-Cerdedo

Continuamos cos campionatos escolares contra outros colexios da Terra de Montes. Nesta ocasión tocou enfrentarse contras os compañeiros/as dos centros de Soutelo e Cerdedo. Bonita e entretida mañá na que os nosos alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º gañaron prácticamente tódolos partidos xogados. 

Agradecer a todos os participantes a súa colaboración, tanto profesores como alumnos/as.

A continuación algunhas fotos das xonada:

  

 

 

 

 

Para a semana máis e mellor contra Tenorio... 

Xornada de deporte escolar (Forcarei)

O pasado venres, os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º, asistiron a unha xornada de deporte escolar na que competiron contra outros nenos/as nas modalidades de baloncesto, balonmán e fútbol sala.

En canto aos resultados houbo de todo, gañamos algúns partidos e perdimos outros, pero como decimos nas nosas clases..."O importante non é gañar, é participar".

Velaí algunhas fotos da xornada:

 

 

 Antes de voltar para o colexio os nenos e nenas xogaron un pouco neve que aínda quedaba.

 Algúns era a primeira vez que a tocaban...

 

XINCANA DE XOGOS DURANTE O SAMAÍN PARA TODO O COLEXIO!

O pasado Samaín organizamos unha gran Xincana de xogos tradicionais, retos e xogos con castañas na que participou todo colexio, dende os máis pequechos ata maiores e profsores/as. Pasámolo xenial!!

Felicitar especialmente ao grupo de alumnos/as de 6º curso pola súa gran labor como coordinadores das actividades.

A continuación podedes ver algunhas das fotos da xornada...Para o ano máis e mellor!!!

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.