Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Outros traballos, celebracións e saídas

(2012-2013) Visitamos o museo Marco de Vigo, Indiana Bill e o castelo de Soutomaior

Os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º e  2º visitamos Vigo para participaron nun taller no museo MARCO, xogaron no parque Indiana Bill e remataron a xornada visitando o castelo de Soutomaior.

En canto chegaron a Vigo tomamos a merenda.

 

Logo marcharon cara o museo MARCO  de Vigo.

 

Os de infantil falaron sobre a "arte moderna" e participaron no obradoiro...

 

...facendo libros de arte moderno.

Tamén visitaron as diferentes salas do museo.

 

 

Os de primeiro e segundo tamén participaron no obradoiro...

 

E visitaron o museo

 

 

En canto chegamos a Indiana Bill, antes de xogar chegou a hora de comer.

 

Xogamos no parque de Indiana Bill

 

Cunha visita ó Castelo de Soutomaior rematamos a viaxe, pero antes xa era hora de tomar a merenda.

 

Visitamos o castelo por dentro...

 

... e por fora

 

Antes de marchar unhas fotos de todo o grupo

 

Atoparás máis fotogfafías desta saída na galería de imaxes da web.

(2012-2013) Saímos de excursión a A Coruña

Xa queda case nada para que remate o curso e, coma todos os anos por estas datas, desfrutamos da excursión que facemos xuntos o 2º e 3º ciclo.

Este ano o destino foi... A Coruña

Alí tiñamos concertadas visitas ao Aquarium Finisterrae, ao Domus e a Casa das Ciencias.

Chegamos preto das once da mañá, despois dun longo viaxe no autobús.

Alí dirixímonos ao Acuario, camuflado na paisaxe. Ao fondo podiamos mirar a Torre de Hércules.

Dentro nos agardaba unha guía, a cal nos foi explicando un feixe de cousas en cada un dos apartados deste gran museo do mar...

Tamén tivemos momentos para disfrutar nos soliños dos distintos especímenes mariños que por alí se atopaban. Algúns dos que máis nos gustaron foron as medusas e os peixes paiaso(Nemo)

Tamén saímos á parte exterior para ver como alimentaban ás focas. Ademáis revisábanlle os dentes, aletas, pel,... Viven como raíñas!

Xa que facía un bo día puidemos dar un paseo por fóra do edificio e así ver máis de cerca a Torre de Hércules.

Voltamos ao interior para introducirnos no Nautilus, submarino do capitán Nemo na novela "20.000 leguas de viaxe submarino" de Julio Verne. Dende esta sala puidemos observar a Gastón, o tiburón toro, xunto cos demais peixes propios da nosa costa.

Tamén visitamos as salas onde teñen partes do esquelete dunha balea e ás lampreas.

E por último os grandes acuarios. No medio deles atopamos un estrano peixe con ventosas. Que pulpo máis raarrro!

Xa nos entraba a fame, así que marchamos ao Domus, no que xantamos na súa cantina.

  

Ao rematar, deixamos todo recollido e entramos no museo do home onde puidemos desfrutar de todo tipo de experimentos e informacións sobre o noso corpo e mente.

 Incluso fixemos algunha foto cos nosos antepasados!

De alí marchamos cara a Casa das Ciencias, onde tamén puidemos probar con diversos experimentos.

 

Xa por último entramos no planetario co nenos e nenas do colexio de Raxó, que tamén andaban ese día de excursión. Alí, o planetarista ensinounos como orientarnos no ceo nas próximas 15 noites, ademais de aclararnos algún que outro contido.

Estábase de medo´alí dentro: fresquiño, sentados nas butacas reclinadas... mirando as estrelas... 

Por último merendamos no Parque de Santa Margarida e...

de regreso, que xa chegabamos tarde!

Unha excursión ben completa!

Día Internacional das Mulleres 2.012

O pasado 8 de marzo celebramos o Día Internacional das Mulleres cun acto na sala de Usos Múltiples do centro, consistente nun coloquio ao que asistiron Isolina, unha muller de Parada de 88 anos; María, de Paredes, de 38 anos; Silvia, concelleira da Muller e Benestar Social do concello de Campo Lameiro; Teresa, tamén concelleira e representante do consello escolar; e Susana, tamén do concello.

 

Estas mulleres, políticas, amas de casa, emigrantes, traballadoras...contaron as súas vivencia e contestaron a preguntas que lles fixeron os rapaces. Tamén se realizou unha pancarta alusiva ao tema da muller e a discriminación de xénero.

 

<-->

Canción para o día da paz

Esta canción de Bustamante e Axel acompañaranos estos días para recordarnos como mellorar e celebrar a vida gracias aos valores da amizade e a solidaridade.












Este foi outro dos vídeos que visionamos na celebración do día da paz.

(2010-2011) Despedimos ós de sexto e a algúns mestres/as

Chegou o final do curso 2010-2011, e para despedirnos dos compañeiros de sexto, que marchan ó instituto xuntámonos todos na sala de usos múltiples do colexio.

 

Os de sexto cantáronnos unha canción de despedida.

 

A A.N.P.A. entregou un agasallo ós dous mestres que se xubilan este curso.

 

Tamén nos depedimos das mestras que non estarán no centro o ano próximo. Alumnos/as das súas aulas entregaronlle uns ramos de flores.

Á profe Rita.

 

Á profe Tina.

 

Á profe Concha.

 

Para rematar, os de sexto amosános unha presentación de powerpoint sorpresa, na pantalla.

E logo leron  a súa carta de despedida.

 

Finalmente os mestres/a que lles deron clase repartíronlle uns agasallos como despedida.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.