Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

E.F.

(2014/2015) Fin de curso en EF: Búsqueda.

Como remate de curso na área de EF o alumnado de sexto representou para os demais nenos e nenas do centro a diferentes personaxes relacionados co descubrimento de América, os cales os irían guiando por distintas probas as cales os levarían a atopar o tesouro final.

Todo comezaba... sentándose na máquina do tempo que prepararamos para o Salón do Libro e teletransportándonos !

De seguido apareceu diante nosa un home que se facía chamar Cristovo Colón, co seu globo terráqueo no que tiña marcado o percorrido dunha viaxe que soñaba con facer.

Contounos que tiñamos que axudarlle a convencer aos Reis Católicos , que poderiamos atopar a Doña Isabel  no salón principal do castelo. Despois de pensar decidimos buscala na sá de mestres; e alí estaba!

Despois de contarlle Colón as súas pretensións, e de ver que estaría axudado por tan boa tripulación..., decidiu axudarnos dándonos as moedas de ouro necesarias para embarcarnos en tan longa viaxe.

Para atopalas tivemos que buscar no seu marido...

Xa coa bolsas de moedas puidemos ir buscar ao enxeñeiro naval para que nos preparara as tres carabelas para zarpar.

Encargaunos conserguir telas para as velas, cordas, madeira,....

Pagámoslle polo seu bo traballo e xa só nos quedaba encher os barcos de víveres para soportar os días de viaxe. Ata as bodegas do barco baixamos co mariñeiro para buscar e gardar alí porcos, galiñas, sal, auga,...

-Xa con todos os víveres embarcados comezamos a nosa viaxe ata a India!

Xusto antes de que flaqueaxen as nosas forzas  logramos chegar a terra. Alí atopamos a unha indíxena un pouco especial. Non falaba a nosa lingua e vestía de maneira diferente. Asombráballe calquera cousa nosa o que aproveitamos para cambiarlle as nosas pulseiras, papeis, chaquetas polas que tiña ela na súa cesta.

Así foi como logramos : ouro, animais e froitos exóticos,  alimentos e especias que non coñeciamos...

Olvidóusenos contarvos que levábamos na nosa tripulación unha famosa bióloga da época. Xa que neste tempo non contabamos con cámaras fotográficas nin nada parecido, a única maneira de recoller todos os novos animais, froitos, persoas, ...que íamos atopando para logo contar ao noso regreso era debuxándoos.

E a iso nos puxemos, tantas cousas novas ...entre todos lle botamos unha man!

Tan cheas trouxemos as nosas bodegas que deseguida os piratas comezaron a aparecer. Atacábannos a cañonazos. Non podiamos despirtarnos nin un só momento!

Despois dunha longa viaxe de volta logramos chegar a España. Empezouse a correr a voz de todas as cousas que acadáramos na nosa viaxe e os comerciantes da época comezaron a facer a súa fortuna ao igual que nós con todos estes produtos.

Aquí tedes a señora burguesa ofrecéndonos un feixe de cartos por toda a nosa mercancía.

Cando rematamos de venderlle todo pediunos se podiamos axudarlle a un neno que non paraba de chorar alí cerca. Fomos ata el.

Dicía ser o fillo de Cristovo Colón. Tiña unha carta escrita en galego na que o seu pai, ademais de dicirlle o moito que o quería, deixáballe todas as súas pertenzas e tesouros.

Mais para atopalos tiñamos que descifrar o mapa que alí debuxara. Listos como somos non tardamos en atopar a resposta: na bandeira do barco pirata que teñen os pequenos no parque infantil!

                 

 

Foi unha longa e dura travesía mais valeu a pena!

Toda unha aventura!

 

Gracias ao esforzo dos maiores do cole!

Eles tamén tiveron o seu premio final: un refrescante xeado e algo doce...

Bo verán!

(2014/2015) Fin do proxecto sobre o xogo popular

EN EDUCACIÓN FÍSICA,DENTRO DO PROXECTO DE CENTRO SOBRE O ARTE,

TRABALLAMOS O XOGO POPULAR

 

Para elo seguimos os seguintes pasos:

 

1º Debatimos sobre que era un xogo popular e que os diferenciaba de outro tipo de xogos ou deportes.

2º Fomos anotando e practicamos algúns dos que xa coñeciamos.

3º Algún deles non tardou en invadir o noso patio!

4º Tamén xogamos a outros que non coñeciamos.

5º Recollemos información sobre eles nunhas fichas coas que prepara un dossier de xogos populares.

6º Entre todos preparamos unha pequena exposición con todos aqueles que fomos traendo das casas.

7º Tamén coñecimos a influencia que tiveron no mundo do arte, estando presentes en numerosas obras de artistas coma o noso Francisco Goya, Monet, Gauguin, Fragonart,... e Brueguel el Viejo (chegou a pintar 86 xogos diferentes na mesma obra!), os que pusemos decorando as paredes da nosa exposición.

 

8º Cada aula elexiu dous deses xogos que preparou para representar na celebración do Día das Letras Galegas no escenario: corda, agachadas, boliche, palmas, goma, lombas, trompo, aro de guiar, zancos, pasemisí, diábolo e aros.

9º Tamén cada neno e nena debuxou os dous xogos da súa clase, os cales empregamos para decorar ao redor das fotos da actuación e poñer na corcheira de EF da entrada do centro.

10º Eleximos os máis vistosos de cada un deles para pintar unha zona das paredes da sala de usos múltiples do centro (producto final do proxecto).

Pouco a pouco todo o alumnado vai pasando para dar a súa aportación de color aos debuxos gañadores.

Así de chulo vai quedando a parte do noso mural!

A partir de agora ...

de seguro que non imos dubidar

da importancia do xogo popular!

(Todas as fotos destas actividades podédelas atopar na galería fotográfica da nosa web ou nas diferentes entradas do recanto de Educación Física da mesma )

(2014-2015) O xogo popular en EF

Comezamos este terceiro trimestre do curso na área de Educación Física traballando unha unidade didáctica sobre o XOGO POPULAR.

Practicaremos e desfrutaremos de moitos deles ao mesmo tempo de ver a súa presencia no mundo do arte, especialmente na pintura, e máis en concreto na do pintor español Goya, o que traballaremos dentro do proxecto de centro sobre o arte no que dende a nosa área tamén participaremos.


- Comezamos deixando ao alumnado que tentase explicar as diferencias que eles pensaban que hai entre o XOGO e o DEPORTE, e de tamén buscarlle resposta a o por que lle chaman popular .

-Continuamos anotando nunha cartolina todos aqueles xogos que eles coñecían e eran populares. A lista, a medida que pasaban polo pavillón todos os cursos, foi medrando e medrando ata non caber máis!

 

 

Pois si que había! E a maioría xa disfrutara xogando da maior parte deles!

- E, coma non, comezamos a practicar durante dúas sesións algúns dos que non dixeran e ata incluso descoñecían. Por exemplo o cempés, a pita tu-li-pán, ... 

 

- Seguimos con outras dúas sesións adicadas "as canicas". Menudo éxito! Nas casas empezaron a remexer en todos os caixóns para atopar aquelas canicas que sabían que tiñan,máis dende fai moito coas que non xogaban!

Despois de explicar un pouco da súa historia, tipos, maneiras de lanzala, e de limpar de pedriñas e herbas o campo de xogo ...

puxémonos a xogar: ao GUÁ, á diana, ao grave-ferido- morto, ao bombardeo, ...

Gabriel trouxo para ensinarnos unha ponte que tamén se emprega ás veces nas canicas para traballar a puntería. Noutro lugares chámase ratonera e faise cunha caixa de zapatos con buratos por onde meter as canicas.

Este si que ninguén tiña dúbida de que era un verdadeiro XOGO POPULAR, e para o que lle quede algunha mirade se non coma está o patio nos ratiños de recreo:

 

Ata deixan de lado a pachanga futbolera para poder apostar algunha das súas canicas coas dalgún outro compañeiro! 

-Nas demáis sesións desta unidade traballaremos algúns outros xogos ademais de recoller para poder expor algúns deles que teñen nas casas o alumnado, para, con todos eles, facer unha pequena mais de seguro moi interesante exposición.

 

 

(2014-2015) Vídeos de J.M.Okutu (remata quinto no campionato europeo)

.                     Noticias e vídeos sobre o saltador J.M.OKUTU

Cliqueade e accederedes a elas

(2014-2015) Participación dende EF no Salón do Libro.

Un ano máis celébrase en Pontevedra o XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Este ano trata sobre a ciencia e a ficción.

 

 

Dende a nosa área quixemos participar aportando un traballo que preparamos entre todo o alumnado de primaria.

O alumnado de 1º,2º,3º e 4º adicouse a crear xogos ou deportes fantásticos. Para elo fixemos os seguintes pasos:

1º) Repartímonos en cada aula en equipos e escollemos cada un un conto que tivesemos na clase. Cos ollos pechados tiñamos que pousar o dedo nalgunha parte do texto e ir anotando as tres primeiras palabras que nos aparecesen.

Esas tres palabras serían as que nos darían as pistas para inventar o noso xogo de ciencia ficción (Por exemplo: helicóptero-amigos-cama)

2º) Logo decidimos onde se ía xogar, os materiais que se empregarían, se sería de equipo ou individual,...e, ao final, explicamos cal sería o obxectivo do xogo.

O mesmo fixeron en todas as aulas destes cursos, lendo os estranos resultados finais aos compañeiros. 

3º) Os compañeiros de 5º e 6º , pola contra, en lugar de inventar xogos fantásticos, buscaron información sobre xogos ou deportes que xa existen pero que son tan estranos ou descoñecidos que tamén parecían de ciencia ficción.

4º) Cando xa tivemos todos os datos que precisabamos, fomos pasando en pequenos ratiños nas clases de EF no pavillón as fichas a limpio para poder compoñer o dossier que enviaríamos ao Salón así como os debuxos de cada un deles.

5º) Xa os maiores déronlle os toques finais facendo a portada e rematando unha maqueta de reloxo cun circuito eléctrico traseiro que fai que cando a súa agulla toca o nome dun xogo ou deporte de ciencia ficción ilumínase unha das súas bombillas, namentras que se é real non pasa nada.

O producto final xa está xunto co lobo Orbil no Salón. 

O vindeiro venres visitarémolo as aulas que prepararon traballos cos seus titores.

Todos os demais recordade que estará aberto en horario de tarde con entrada gratuita durante dúas semanas.

Aquí vos deixo o enlace á programación do Salón do Libro deste ano 2015.

 http://www.salondolibro.org/

Que o desfrutedes!

 

 

(2014/2015) U.D. Atletismo: traballos e visita de J.M. Okutu.

Dende que voltou a comezar o curso todas as aulas do centro, cada unha ao seu nivel, estivemos a traballar nas sesións de Educación Física contidos, exercicios e xogos para coñecer mellor o Atletismo: carreiras de velocidade e relevos, lanzamentos, salto de altura e, sobre todo, na súa especialidade de salto de lonxitude.

 

Ata no corredor de arriba expusemos os mellores saltos de cada unha das aulas comparándoo cos dos mellores deportistas nesta especialidade.

 

Como remate de unidade, este luns visitounos o , polo momento, xa cinco veces campión de España, Jean Marie Okutu xunto ao seu entrenador para falarnos de todo elo. Contactamos con eles gracias a Martín Brea. 

Para preparar a súa visita xuntámonos o alumnado de quinto e sexto nas horas de Educación Física, repartíndonos en catro grupos:

-un deles adicouse a preparar un mural informativo sobre esta actividade e atleta. Este foi o resultado final:

 

 

-O segundo grupo andivo a preparar un trofeo co que agasallar a J.M.Okutu: decidimos facerlle un boneco semellante a el con gomaeva coma os que prepara Carla, alumna de quinto.

Ela trouxo un libro onde explicaba como facelas e parte do material necesario que coa axuda do seu grupo (e un pouquiño da súa nai) conseguimos rematar algo tan especial. Mirade!:

 

-O terceiro grupo, o dos periodistas, adicouse a facer un listado de preguntas que facerlle a el e o seu entrenador. Con elas e as súas respostas prepararán unha entrevista para o xornal escolar:

-e xa o derradeiro grupo de nenos e nenas preparou distintos murais nos que se representaba a Okutu nas diferentes fases do salto de lonxitude.

Así de preparado quedou o escenario onde recibiríamos a este gran deportista! E alí xuntámonos e escoitamos todo o que nos foron contando sobre o seu deporte,

visionamos unha presentación que aquí vos deixamos,

contestáronnos a todas as nosas preguntas (que foron moitas)

demostrounos un dos seus saltos (pero a pés xuntos),

 

fixémonos fotos todos xuntos con el

fixémoslle entrega  do noso trofeo de campión:

 

e ata nos firmaron autógrafos!

Incluso a prensa recolleu este acto! Nas páxinas do Faro de Vigo  o martes saía a seguinte noticia:

Que ilusión nos deu a todos e todas vernos no xornal!

Desexámoslle a este gran atleta moita sorte nos seus próximos saltos!

Gracias pola túa visita! 

(2014-2015) As oito NORMAS dun DEPORTISTA para coidar a súa SAÚDE

Cos nenos do primeiro ciclo estivemos a recordar cales eran as NORMAS máis importantes para que un deportista coidase a súa saúde. Entre elas están...

1.-BEBER AUGA antes, durante e despois do exercicio.

2.- Hai que CURAR as feridas cando aínda son pequenas.

3.-  Ao rematar sempre hai que coidar a nosa hixiene.

4.-  Para facer deporte hai que prepararse como se fósemos a unha festa.

5.- Hai que coidar moito os nosos pés: con calzado adecuado e calcetíns absorventes e revisar que ao calzalos non lles quede ningunha enruga.

6.-Hai que protexerse da temperatura : máis ou menos roupa según faga máis frío ou calor.

7.-Non abusar do noso corpo nin pasarse das nosas posibilidades. O deportes non é unha tortura, é unha festa!

8.- A actividade física e unha boa alimentación sempre teñen que ir unidas.

Tédeas en conta! 

(2014-2015) Traballando os Primeiros Auxilios en E.F.

Como terceira unidade da nosa área de Educación Física estamos a traballar contidos referentes a nosa Hixiene e Saúde.

Así como outros cursos tamén traballamos...

-os Beneficios da Actividade Física na nosa Saúde

-ou a Hixiene Postural

...este curso o faremos cos PRIMEIROS AUXILIOS.

Para elo estivemos aprendendo:

-a cales son os pasos para curar as pequenas feridas:

 

-cales son as lesións máis comúns dentro da nosa área e como actuar ante elas:

sangrados de nariz:

esguinces:

luxacións e fracturas...

esvaecementos: 

- as regras máis importantes a seguir para XOGAR LIMPO e non ter problemas nos xogos.

(en proceso....)

 

-e, como non, os pasos a seguir antes, durante e despois de facer calquera actividade física para previr calquera problema ou lesión.

(en proceso...)

 

Como broche final, tamén nos visitou un Clube de Salvamento Acuático, que nos explicou todo o referente aos seus entrenamentos, os que cando completan a súa formación con coñecementos sobre estos Primeiros Auxilios, traballan como socorristas nas nosas praias e piscinas atendéndonos, curándonos ou ata incluso salvando as nosas vidas.

Nós de momento a socorristas de praia non chegamos, mais....a uns bos socorristas de patio de seguro que sí.

 

 

(2013-2014) Búsqueda prehistórica dende Educación Física

Coma estes últimos anos, rematamos o curso dende a nosa área de Educación Física facendo unha búsqueda do tesouro.

As últimas semanas traballamos no terceiro ciclo a orientación, co que os maiores partirían con algo de vantaxe.

 Xa a fixemos sobre piratas,

 as olimpiadas na antigüedade,

 

a volta ciclista,...

Este curso, por suposto, sobre a Prehistoria!

O protagonista foi Braña 1, resto humán desta época máis antigo atopado en España, do que trousera información á clase Daniel Camiña alá por xaneiro, e do que decidíramos disfrazarnos polo entroido na aula de sexto. 

 

Así dicía a primeira pista que atoparon na porta do colexio:

POIS SÍ, SON EU, BRAÑA 1.

ENTEREIME DE QUE ANDADES A INVESTIGAR SOBRE O MEU TEMPO

A PREHISTORIA

ATA NO ENTROIDO ALGÚNS DE VÓSDISFRAZÁSTESVOS DE MIN E POR ELO...

DEUME GANAS DE FACERVOS UNHA VISITA!

PARA QUE NON VOS ASUSTARADES DE MIN

ANDIVEN POLA VOSA COVA DURANTE A NOITE.

(SÓ ALGÚN ANIMAL DENDE O LONXE PERCATOUSE DA MIÑA PRESENCIA. FACÍA UNS SONIDOS UN TANTO ESTRANOS "GUAU, GUAU", NON OS ESCOITARA ANTES, MAIS DE SEGURO QUE ESTARÍA RICO TOSTADIÑO NA MIÑA FOGUEIRA)

POR CERTO, CANTO TRABALLASTES!

TENDES TODAS AS CLASES MÁIS PINTADAS QUE AS PAREDES DA MIÑA COVA!

ASÍ APRENDE CALQUERA A CAZAR... COÑECEMENTOS!

PARA VER SE APRENDESTES AS COUSAS MÁIS IMPORTANTES DA PREHISTORIA PREPAREIVOS UNHA PROBA.

SE LOGRADES SUPERAR TODOS OS APARTADOS CONSEGUIREDES

O GRAN PREMIO FINAL

(PARA MIN SERÍA ATOPARME CUNHA PATA DE CERVO BEN CHURRASCADIÑA, MAIS PARA VÓS... PREPAREIVOS OUTRA COUSA!)

VEÑA! SORTE! E LEMBRADE...

A TRIBU

SE TRABALLA UNIDA

XAMAIS SERÁ VENCIDA! 

A partir de aquí , iríamos buscando as distintas localizacións das pistas, pensando entre todos os do equipo ou da clase onde estaría situada.  Estas pistas faláronnos sobre:

os petroglifos (oculta na pedra que ten gravado o nome do noso colexio)

 a pesca (pendurada nunha das alcantarillas do patio)

 a caza (nunha punta de frecha nas pedras do xardín interior)

 a vestimenta (na sala onde preparan os seus traxes os da comparsa)

 

as pinturas rupestres (na cova de coñecementos dos de sexto)

 o lume (nunha das saunas do pavillón)

 a auga (na fonte do patio infantil)

 a recolección (entre as ramas das árbores do patio)

Ata chegar á pista final que escondía o premio final.  (a pel que trouxera Virginia)

 

Ata ela foron chegando todos eles.

... Ademais de pasalo ben, descubrimos un feixe de cousas!

 

 

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.